Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 16 de maio de 2017.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana que a Xunta de Galicia manteña e promova as axudas para a rehabilitación de vivendas nos Camiños de Santiago e que o Goberno central mellore e clarifique a regulación da publicidade sanitaria para evitar anuncios enganosos.
Santiago, 13 de maio 2017.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, asegurou esta mañá que o PPdeG pon hoxe a primeira pedra para mellorar as capacidades comunicativas do partido coa celebración do seu I Torneo de Debate.Segundo sinalou, “a mellora da oratoria e as nosas capacidades de comunicación foi unha materia pendente durante moitos anos. E sempre que atopamos algo a mellorar, poñémonos como deberes melloralo”. Nese senso, engadiu que a intención é que este tipo de eventos se convertan nun ámbito de traballo con máis percorrido no tempo.
Santiago, 15 de maio de 2017.- O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que solicita ao Goberno central que promova as accións legais que sexan oportunas para que o Goberno de Venezuela cumpra o convenio bilateral de Seguridade Social entre España e Venezuela, de xeito que garanta o pago do importe íntegro das cantidades adebedadas e a continuidade das prestacións dos pensionistas retornados. Así mesmo, mentres non se resolvan estes problemas, demándase ao Goberno español que facilite que estes pensionistas poidan recibir axudas sociais.
A Coruña, 12 de maio 2017.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, salientou esta mañá a unidade de mensaxe do PPdeG en calquera punto do país fronte ás desavenencias de En Marea. Así, indicou que “unha das nosas grandes fortalezas é que somos un partido que, respectando as características de cada lugar, podemos facer o mesmo discurso tanto a nivel local, como autonómico e nacional”.
Santiago, 11 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancia do Grupo Popular, instar á Xunta a modificar a denominación do Hospital da Costa, de tal xeito que pase a levar o nome de Hospital Público da Mariña lucense.
Santiago, 11 de maio 2017.- O Partido Popular de Galicia celebrará este sábado a primeira edición do seu Torneo de Debate, no marco da súa aposta pola formación constante dos seus cargos públicos, afiliados e simpatizantes. Inscribíronse no evento 16 equipos de entre dous e catro membros cada un, enchendo o cupo máximo de prazas que ofrecía o evento. Está previsto que nel participen preto dun cento de persoas, entre oradores e xuíces, polo que a xornada matutina se terá que desenvolver nun hotel próximo á sede autonómica.
Santiago, 10 de maio de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe no Parlamento que os orzamentos do Estado “contribúen á redistribución da riqueza a nivel nacional e para Galicia supoñen máis investimento, máis gasto social, máis recuperación e menos paro”.
Santiago, 10 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei, impulsada polo  Grupo Popular, a través da que se solicita que o período mínimo de imputación das subvencións por incorporación de agricultores mozos, no caso de que tribute no IRPF do mozo, sexa como mínimo de cinco anos a contar dende o período de incorporación. Así mesmo, no caso de que a incorporación do mozo se faga mediante a súa participación en entidades, demándase que a subvención percibida se impute na imposición da entidade participada e non no IRPF do mozo.
Santiago, 10 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a iniciativa do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta de Galicia a planificar actuacións que favorezan o impulso dun Hub de gas natural licuado (GNL) e que Reganosa adapte as súas infraestruturas e despregue as instalacións que fosen necesarias para conseguir o desenvolvemento loxístico e comercial que permita aos portos galegos prestar servizos de abastecemento small scale e bunkering de GNL.

Síguenos nas redes sociais