Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, afirmou que a proposición de lei de reforma do regulamento do Parlamento defendida hoxe polo grupo de En Marea “xa está recollida na Lei de Transparencia de Galicia, que no seu artigo 19 esixe que o Goberno galego publique anualmente no portal de transparencia un informe respecto do grao de cumprimento das iniciativas aprobadas na Cámara galega”.
O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira cualificou hoxe de “loable” a iniciativa lexislativa popular debatida esta mañá no Pleno do Parlamento para a ampliación do Hospital Montecelo de Pontevedra, pero salientou que “o seu obxectivo xa está asegurado co convenio asinado pola Xunta e o Concello, co apoio explícito de todas as forzas políticas presentes na corporación municipal de Pontevedra, e coas actuacións xa en marcha”. Jacobo Moreira agradeceu “a todas as persoas que están a participar no proceso de elaboración do Plan Funcional e tamén aos impulsores desta iniciativa lexislativa popular a súa actividade en prol dunha mellor sanidade pública na área de Pontevedra e lles aseguramos que os pasos dados ata o de agora garanten que, aínda sen rango legal, as administracións galegas estarán a altura do seu esforzo e dotarán a Pontevedra dun gran hospital público”. Na súa exposición, Moreira lembrou que “ningún centro hospitalario en Galicia está regulado por lei, nin entendemos razoable que así o sexa, e coido que niso deberíamos estar de acordo todos os grupos políticos”. “Non é o marco legal o lugar para definir xeograficamente a localización de infraestruturas e moito menos os servizos sanitarios”,indicou. AVANCES Entre os avances realizados desde…
Santiago, 22 de maio de 2017.- O Grupo Popular defenderá no Pleno de mañá á promoción das axudas para a rehabilitación de vivendas nos arredores de todos os Camiños de Santiago como mínimo ata o vindeiro ano 2020.
Santiago, 19 de maio de 2017.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos salientou hoxe no Parlamento a creación de 18 novas prazas de psicólogo, traballador social e médicos forenses no Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) co obxectivo de mellorar e garantir a protección das vítimas, especialmente as vítimas de violencia contra a muller.
Santiago, 18 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a realizar os trámites para a declaración e a inclusión do Colexio de Nosa Señora da Antigua de Monforte na relación de bens de interese cultural.
Santiago, 18 de maio de 2017.- A deputada do Grupo Popular María Antón manifestou hoxe no Parlamento que a Consellería de Cultura remitirá en breve ao Concello de Lugo a proposta de convenio para a exposición pública dos restos do túnel que apareceu na escavación do cubo VI da Muralla Romana de Lugo. “Agardamos que o Concello non tarde outros cinco meses, como fixo no caso de dar a súa conformidade á solicitude da Consellería para musealizar estes restos arqueolóxicos, tempo no que a mesma Consellería foi quen de licitar dúas intervencións máis para a restauración dos cubos 19, 70, 71 e 80, por un importe superior aos 700.000 euros, o que amosa o compromiso da Xunta coa posta en valor deste patrimonio mundial”, indicou.
Santiago, 18 de maio de 2017.- O portavoz de Educación do  Grupo Popular, César Fernández Gil, avogou hoxe no Parlamento por “concienciar e formar ao conxunto da sociedade na mellora da convivencia nas aulas para evitar situacións de acoso dentro e fóra das mesmas”. Para isto, puxo en valor a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020 posta en marcha pola Xunta de Galicia, que recolle os pasos a dar ante unha posible situación de acoso ou ciberacoso, así como as diferentes estratexias de prevención.
Santiago, 16 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde por unanimidade unha proposición non de lei, a iniciativa do  Grupo Popular, a través da que se insta ao Goberno galego a iniciar as obras da variante de Aradas en Santiago no ano 2017, co obxectivo de que estean finalizadas no ano 2019.
Santiago, 16 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se demanda ao Ministerio de Fomento que impulse unha rehabilitación estrutural do firme da estrada Nacional-120, especialmente no tramo que transcorre desde Valdeorras ata Monforte de Lemos. Así mesmo, o deputado popular Moisés Blanco asegurou que “nin o PP, nin Valdeorras, nin a terra de Lemos, nin O Bierzo imos permitir que grupos políticos como En Marea paralicen a construción da autovía A-76”.

Síguenos nas redes sociais