Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 15 de marzo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a iniciativa do Grupo Popular, solicitar ao Concello de Vigo que mellore o servizo e as conexións de autobús desde o barrio de Teis cara ao Hospital Público Álvaro Cunqueiro, atendendo así as necesidades dos veciños. A deputada Marián García Míguez criticou que para o Concello de Vigo “haxa cidadáns de primeira e de segunda dependendo de onde viven para que poidan gozar dos medios necesarios e suficientes de acceso aos servizos públicos básicos”.
Santiago, 15 de marzo de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento unha proposición non de lei a través da que se solicita que o Goberno central inclúa no vindeiro cumio hispano-luso un acordo sobre a modernización da conexión ferroviaria entre Vigo e Porto antes de 2020. En concreto, demándase o impulso do proxecto da saída sur de Vigo, unha alternativa ao paso da vía férrea por Porriño ou a mellora da seguridade do trazado suprimindo os pasos a nivel.
Santiago, 15 de marzo de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento solicitar ao Ministerio de Fomento que axilice o proceso administrativo para a conexión ferroviaria do porto exterior de A Coruña, “tendo presente que xa está previsto que para este verán se entregue á Autoridade Portuaria o proxecto construtivo”.
Santiago, 15 de marzo de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei do Grupo Socialista, “coincidente coas nosas propostas ao demandar a modernización da conexión ferroviaria entre A Coruña e Ferrol, de tal xeito que non só se permita conectar a cidade departamental dun xeito rápido e moderno co eixo atlántico ferroviario e co AVE á Meseta, senón que se converta nun importante elemento estruturador metropolitano, mellorando o transporte de cercanías na rexión urbana A Coruña-Ferrol”, sinalou o portavoz de Infraestruturas, Martín Fernández Prado.
Santiago, 14 de marzo de 2017.- A Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana que a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) determinen os investimentos prioritarios en materia de obras hidráulicas, establecendo unha estrutura tarifaria de referencia; así como o despregamento de redes de telecomunicación de nova xeración de moi alta capacidade en Galicia, de xeito que antes do 1 de xaneiro de 2020 o 90 por cento da poboación rural galega dispoña de conexión a internet de 30 megabytes.
Santiago, 13 de marzo de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe que, coa documentación existente na Comisión de Investigación sobre as caixas galegas, á que se sumarán novas sentenzas e os informes publicados nos últimos tempos, ademais de todas as comparecencias que tiveron lugar, “hai capacidade para facer un ditame cunha visión plausible e realista do que aconteceu” con estas entidades financeiras galegas desde antes da crise económica ata a súa venda.
Santiago, 11 de marzo de 2017.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Vázquez,  xunto co tamén deputado popular Carlos Gomez Salgado, visitaron onte o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, onde mantiveron una entrevista co presidente e a secretaria da entidade, José Antonio Da Silva Pereira e Natalia González Rodríguez, respectivamente.
Santiago, 10 de marzo de 2017.- O portavoz do Medio Rural, José González, e o deputado do Grupo Popular Carlos Gómez Salgado reuníronse esta mañá cos responsables da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia, con quen estudaron a posibilidade de poñer en marcha unha campaña de promoción deste produto.
Santiago, 11 de marzo de 2017.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu ao seu partido a mesma proximidade cos cidadáns coa que lograron gañar as eleccións nos anos 2009, 2012 e 2016 para poder recuperar o poder local nas vindeiras eleccións municipais de 2019.

Síguenos nas redes sociais