Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 22 de febreiro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, a iniciativa do Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a que elabore, coa participación do Consello de Acción Exterior de Galicia, un informe sobre os posibles impactos do Brexit na economía galega e nos seus sectores produtivos”.
Santiago, 22 de febreiro de 2017.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, asegurou hoxe que “todo o persoal sanitario de Galicia ganará máis neste ano 2017 que o pasado 2016”. Así mesmo, avanzou que están previstos concursos de traslados abertos e permanentes, así como a convocatoria do máximo de prazas para o acceso de novo persoal estatutario fixo en primaria e hospitais, en concreto 820 persoas, “unha cifra que se incrementará no caso de desaparecer as limitacións que establece a taxa de reposición en vigor que o Goberno galego xa ten solicitado a súa eliminación”.
Santiago, 22 de febreiro de 2017.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, César Fernández Gil, criticou hoxe a “bipolaridade argumentativa” do BNG, porque “hai dous meses pedían derrogar o decreto de plurilingüismo e hoxe piden o seu cumprimento”. “Nunca se debe poñer unha lingua nin outro ben cultural ao servizo dunha causa concreta, e aínda menos se falamos de causas políticas, pois lígase o futuro da lingua ao da ideoloxía política á que se asocia”, sinalou.
Santiago, 21 de febreiro de 2017.- O Grupo Popular volveu impulsar este martes no Pleno un amplo acordo parlamentario en defensa da actividade industrial e o mantemento dos postos de traballo nas factorías de Ferroatlántica de Cee-Dumbría, sobre a base do texto transaccionado unha semana antes en Comisión parlamentaria.
Santiago, 21 de febreiro de 2017.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, subliñou esta tarde no Parlamento “o compromiso total do Goberno galego e do PPdeG con todos os fogares en situación máis vulnerable, e con aqueles que non poden pagar nin o recibo da luz nin do gas”. Neste sentido, lembrou que a Xunta “atendeu a totalidade das solicitudes de axudas para paliar a pobreza enerxética e por suposto que atenderá este ano todas as demandas que reciba”.
Santiago, 21 de febreiro de 2017.- A portavoz de Enerxía do  Grupo Popular, Marta Nóvoa, defendeu esta tarde no Parlamento que o Goberno central leve a cabo unha revisión da fiscalidade sobre a enerxía, de tal xeito que se adecúe o tipo de IVE e o Imposto Especial de Electricidade para favorecer a competitividade das empresas e o benestar dos fogares. Respecto da solicitude dunha tarifa galega por parte do BNG, subliñou que “a tendencia é cara á integración en aras dun mercado único, que sexa capaz de garantir un subministro a fogares e empresas nas mellores condicións de eficiencia, de seguridade e competitividade posibles, algo que apoia a maioría das forzas políticas en Galicia, en España e no resto de países europeos, a excepción de opcións extremas e o populismo”.
Santiago, 21 de febreiro de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, propuxo hoxe por terceira vez a aprobación polo Parlamento galego dunha declaración institucional na que se solicite a elaboración dun informe independente, incontrovertido e incuestionable sobre o accidente ferroviario de Angrois. Fernández Prazo reiterou o interese do PPdeG de que se esclarezan completamente as causas deste accidente coa maior profundidade e rapidez posible, pero sinalou que “é  necesario que se faga nos foros adecuados, nos que teñen competencias para elo e fuxindo de usos demagóxicos e partidistas deste tráxico suceso”.
Santiago, 20 de febreiro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, considerou hoxe que “é o momento de que o Goberno galego faga un estudo para saber cales son os escenarios que se abren” coa saída do Reino Unido da Unión Europea.
Santiago, 17 de febreiro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, afirmou esta mañá que nos próximos meses a encomenda dos populares galegos é traballar nos congresos locais. Así mesmo, avanzou que os máis inmediatos serán os de A Coruña e Lugo, que posiblemente se celebren xa esta mesma primavera, e aos que seguirán os doutras cidades e un bo número de vilas de tamaño intermedio.

Síguenos nas redes sociais