Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 22 de novembro de 2016.- O Grupo Popular defendeu hoxe no Pleno do Parlamento instar á Xunta de Galicia a crear un centro de referencia para a atención da interrupción voluntaria do embarazo (IVE) nos supostos de máis de 22 semanas de xestación, con persoal sanitario especializado, na rede sanitaria publica de Galicia.   A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo asegurou que “desde o PPdeG nos preocupa a atención que se lles da ás mulleres no caso de ter que someterse a unha interrupción voluntaria do embarazo, porque sabemos que non é unha situación para nada agradable nin desexable para elas”.   ATENCIÓN INTEGRAL E DE CALIDADE   Por este motivo, solicitamos a creación dun centro de referencia para a atención da IVE na rede sanitaria pública, ao tempo que “se garanta unha atención integral e de calidade a todas as mulleres que teñen que interromper o seu embarazo nos termos que contempla a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva, actualizando o protocolo para adaptalo á evidencia científica, e corrixindo calquera disfunción na súa aplicación ou na asistencia prestada a ditas mulleres”.   Rodríguez-Vispo asegurou que “as actuacións levadas a cabo nos centros sanitarios galegos son iguais en…
Santiago, 22 de novembro de 2016.- O Grupo Popular avogou hoxe no Parlamento porque a Xunta de Galicia acorde coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) unha solicitude conxunta ao Goberno central para impulsar unha nova bonificación potestativa de ata o 90 por cento da cota íntegra do imposto de bens inmobles (IBI) a favor daqueles suxeitos pasivos que acrediten unha situación económica de insuficiencia de rendas familiares, modulables en función do valor catastral do inmoble.
Santiago, 22 de novembro de 2016.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, reiterou hoxe que “a asistencia sanitaria en Galicia e, por suposto, no Hospital Álvaro Cunqueiro, é cen por cen pública e gratuíta, prestada por profesionais do Servizo Galego de Saúde e xestionada desde este mesmo organismo”, como o poden certificar os máis de 465.000 pacientes atendidos en consultas ou as cerca de 300.000 estadías de hospitalización. Porén, indicou que “o seu rescate, como propoñen os grupos da oposición, si implicaría detraer fondos doutras partidas necesarias para o bo funcionamento do sistema, comprometendo a posibilidade de investimento en áreas de relevancia para a sanidade galega”.
Estrasburgo, 23 de novembro de 2016. - El eurodiputado del PP y miembro de la Comisión de Asuntos Exteriores del Parlamento Europeo Francisco Millán Mon intervino en Estrasburgo durante el Pleno del Parlamento Europeo donde resaltó que “nos encontramos ante un nivel de amenazas, incluida la amenaza terrorista, sin precedentes desde hace años”.
  Santiago, 20 de novembro de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que o teito de gasto da Xunta de Galicia para 2017 “reflicte a evolución positiva da economía galega” e permitirá “afianzar o crecemento con máis gasto público e reforzar o Estado de Benestar”. Puy saudou “a volta ao que debe ser a normalidade democrática” amosada polos grupos da oposición neste inicio de lexislatura e reiterou a predisposición ao diálogo do Grupo Popular para “tomar decisións conxuntas, de maneira que non haxa bandazos no futuro e consolidar políticas necesarias para o país”.
Santiago, 15 de novembro de 2016.- O Grupo Popular defenderá no primeiro pleno da X lexislatura o mantemento dos empregos da empresa Ferroatlántica, así como que o Concello de Vigo realice as adaptacións tecnolóxicas necesarias para que os dispositivos de cobro do transporte urbano sexan compatibles coa tarxeta de transporte metropolitano de Galicia. Pedro Puy agradeceu o "acordo xeral"acadado por todos os grupos e sinalou o incremento do control ao goberno en cada Pleno, xa que os grupos de En Marea e do PSdeG terán, alternativamente, unha pregunta máis por sesión.
Santiago, 14 de novembro de 2016.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou esta mañá, no acto de toma de posesión dos conselleiros do novo Executivo autonómico, un Goberno “para todos”, comprometido cos obxectivos comúns, que pense no presente e, sobre todo, no futuro do país e guiado pola mellor tradición do galeguismo plural, aberto e integrador.
Santiago, 11 de novembro de 2016.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que os populares gobernarán cun espírito de diálogo propio de quen non ten maioría absoluta, lembrando á oposición que as políticas do “non é non” xa quedaron desterradas da política nacional e galega, e tanto nas urnas como nas sondaxes.
O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, solicitou hoxe a confianza da Cámara comprometendo unha maioría aberta que traballará para todos e coa man tendida ao gran consenso para seguir, aseverou, o rumbo que os galegos decidiron: a estabilidade e a moderación. Feijóo iniciou así o debate propoñendo traspasar ao Parlamento a excepción do resultado electoral en Galicia, cun comportamento político que tamén sexa excepcional.

Síguenos nas redes sociais