Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

APROBADA EN COMISIÓN A MODIFICACIÓN DA LEI DA ÁREA METROPOLITANA DE VIGO, QUE QUEDA PENDENTE DO SEU DEBATE DEFINITIVO EN PLENO ·    Recoñécese a cidade de Vigo como capital da área, que terá un tratamento propio na dotación de servizos públicos; así como a necesidade de que os novos concellos que se incorporen ao ente sexan limítrofes e teñan vinculación económica Santiago, 1 de xullo de 2016.- A Comisión 1ª do Parlamento galego aprobou hoxe, coa única abstención de AGE, o ditame da modificación da Lei da área metropolitana de Vigo, co que o texto queda en disposición da súa aprobación en sesión plenaria. O deputado do Grupo Popular Javier Dorado salientou que esta norma da “cobertura legal a unha realidade social existente, respectando os vínculos sociais, económicos e industriais que ten toda a área de Vigo”. Dorado afirmou que esta modificación da Lei da área metropolitana de Vigo “respecta o espírito” da norma aprobada en 2012 no Parlamento e polos 14 concellos que integran este ente supramunicipal, “mantendo o autogoberno e autonomía tanto da área como dos propios municipios”. MELLORAS TÉCNICAS Respecto das emendas presentadas polo Grupo Popular e que hoxe foron aprobadas e incorporadas no ditame, Javier Dorado…
O secretario xeral do PPdeG asume o rol de director de campaña coa consciencia de que “nada está gañado” Tellado fuxe de triunfalismos: “Fronte aos que están eufóricos na súa derrota, nós mantémonos prudentes na nosa vitoria” • Ve nos resultados unha “oportunidade” que os votantes lle dan ao PPdeG para “seguir mellorando” e para “non relaxarse” nin caer na “soberbia que afundiu aos nosos rivais”   • Lembra que, cos resultados do domingo en autonómicas, podería darse un bloqueo “que privase aos galegos dun goberno estable”    Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2016.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, resumiu hoxe o contido do Comité de Dirección celebrado onte na sede autonómica do partido e no que se analizaron os resultados das eleccións xerais do pasado domingo e se tomaron as primeiras decisións para preparar as eleccións autonómicas do próximo outono.   No referente ao primeiro, Tellado lembrou que o domingo o PPdeG “conseguiu convencer a 40.000 votantes máis que nas eleccións de decembro”, unha suba que, en termos porcentuais está por riba da suba media do PP no conxunto do Estado.   En contraste, os partidos da oposición no seu conxunto perderon máis de…

Síguenos nas redes sociais