Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Tellado acusa aos grupos da oposición de ser cómplices do Goberno central que promove o peche das Pontes

28 Xan 2020

Santiago, 28 de xaneiro de 2020.- O viceportavoz do Grupo Popular Miguel Tellado acusou hoxe no Parlamento aos grupos da oposición de ser cómplices do Goberno de Pedro Sánchez, que está a promover o peche da central térmica das Pontes.

 

Durante a súa intervención, Tellado afeou a estratexia da esquerda de pretender repartir culpas e abordar esta cuestión como se fose un problema industrial, co fin de que lle toque parte desa responsabilidade á Xunta. Pero, tal e como salientou, este é “un problema enerxético” e as competencias exclusivas nesta materia están en mans do Executivo de España.  

 

MINISTRA INTRANSIXENTE

 

 

Tellado dixo que, fronte aos grupos da oposición, que están aliñados co Goberno de España, o PPdeG traballa para frear á “ministra intransixente” para a Transición Ecolóxica que, coas súas decisións, está a poñer en “auténtico xaque” a central das Pontes. Unha empresa, resaltou, que durante cincuenta anos foi fonte de riqueza para toda a comarca de Ferrolterra, xerando emprego de alta calidade.

 

Instou a que se “quiten a máscara”, porque, tal e como incidiu, levan anos pedindo o peche de empresas en Galicia -as electrointensivas, Reganosa, ENCE e, agora, Endesa-. Así, aproveitou para recordar que foi a Alternativa Galega de Esquerda -hoxe o Grupo Común da Esquerda- o primeiro en formular o peche da central das Pontes. Neste senso, apuntou que quen de verdade está a defender os intereses de Galicia é o PPdeG, a diferenza da oposición que está a carón do Goberno de España, por ser os seus socios.

 

Do mesmo xeito, lamentou “a actitude de Pedro Sánchez que, con tal de apuntarse unha medalla, pretende pechar as centrais térmicas en España dez anos antes que no resto de Europa”. “Galicia xa é verde”, indicou Tellado, quen, tras recordar que o 63 por cento da electricidade que se produce na Comunidade galega provén de enerxía renovable, avogou por unha transición ecolóxica xusta. “Nós defendemos o emprego e a reapertura da central; vós o peche e ao Goberno de España”, sentenciou.

 

Para o representante popular, tanto agravio a Galicia do PSOE está a demostrar a pouca confianza de Ferraz en Gonzalo Caballero.

Síguenos nas redes sociais