Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular asegura que a nova Lei de ordenación do territorio dota a Galicia dunha normativa “máis simple, útil, eficiente e práctica”

28 Xan 2020

Santiago, 28 de xaneiro de 2020.- O deputado do Grupo Popular Martín Fernández Prado asegurou hoxe que a nova Lei de Ordenación do Territorio, que hoxe superou o seu debate de totalidade no Pleno, dotará a Galicia dunha normativa “máis simple, útil, eficiente e práctica, apostando por unha simplificación administrativa, tanto do número de figuras como no procedemento da súa tramitación”.

 

Fernández Prado sinalou que a nova Lei “actualiza, simplifica e axiliza os diferentes instrumentos de planificación urbanística para evitar posibles desequilibrios e mellorar a coordinación e planificación integral do territorio en termos de igualdade”.

 

“Con esta lei, pódese dicir que se culmina toda a ordenación urbanística de Galicia, completando a que faltaba e reformando e modernizando as existentes e obsoletas”, apuntou.

 

ÚNICO PROCEDEMENTO DE TRAMITACIÓN

 

Na súa intervención, o deputado popular explicou que”, na liña das últimas lexislacións galegas e estatais, a nova normativa integra o procedemento ambiental e a tramitación do instrumento de ordenación, evitando ter que acudir a diversas normas para identificar que procedemento resulta aplicable”.

 

“Ademais, establécese un único procedemento de tramitación para todos os instrumentos de ordenación do territorio e, sobre todo, intégrase nun único procedemento a aprobación de determinados documentos de ordenación do territorio e a modificación do planeamento que soen levar aparexada, dando seguridade xurídica e evitando traballo posterior aos concellos”, dixo.

 

Martín Fernández concluíu que a nova lei “pretende ser útil e práctica á sociedade, axudando a acadar o obxectivo último de seguir coidando un dos nosos máximos activos: o noso territorio e a nosa paisaxe”.

 

DISCURSO FALTO E DEMAGÓXICO DA OPOSICIÓN

 

Respecto das emendas á totalidade presentadas polos grupos da oposición a este proxecto de lei, Martín Fernández afirmou que “non hai modificacións de fondo que as xustifiquen, porque as cousas apuntadas poderían ser claramente aspectos a valorar nas emendas parciais”. Neste sentido, indicou que “interésalles politicamente escenificar esta oposición, aínda que sexa un discurso falso e demagóxico”.

 

Deste xeito, solicitou que os grupos da oposición “sexan máis construtivos na fase de ponencia e comisión e non utilicen electoralmente esta nova lei, poñendo a Galicia e a súa ordenación territorial por diante dos seus intereses partidistas”.

Síguenos nas redes sociais