Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento galego demanda ao Goberno de España que ingrese a Galicia os 200 millóns que debe da mensualidade do IVE de 2017

18 Dec 2019

Santiago, 18 de decembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España que ingrese a Galicia as contías do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) non liquidadas correspondentes a unha mensualidade do exercicio 2017, ao tempo que se solicita a convocatoria urxente do Consello de Política Fiscal e Financeira, cunha orde do día que inclúa un punto específico para abordar a aprobación a Galicia dos incentivos polo seu bo desempeño fiscal nos anos 2017 e 2018.

 

“Resulta indecente que o Goberno de Pedro Sánchez estea transferindo ás comunidades autónomas o seu déficit e destinando estes cartos para campañas electorais, obrigando ás autonomías a recortar gasto mentres o Goberno socialista en funcións o ten disparado”, sinalou o portavoz popular Pedro Puy.

 

Na súa intervención no Pleno, Puy lembrou que o Parlamento galego xa aprobou unha proposición non de lei non mes de xullo e dúas resolucións no Debate sobre o Estado da Autonomía reclamando ao Goberno central o pago da débeda de 700 millóns con Galicia. “A día de hoxe, o Goberno socialista ingresou á Xunta 227 millóns correspondentes ás entregas a conta, co que aínda quedan 107 millóns pendentes; pero nada se sabe da débeda de 200 millóns pendentes do IVE de 2017, nin tampouco dos 170 millóns polas compensacións por ser unha comunidade cumpridora das regras fiscais”, concretou.

 

“Esta situación está a xerar tensións na Tesourería da Administración galega e, como consecuencia inmediata, xa se comeza a traducir no retraso no pago aos provedores, aínda que Galicia se mantén como unha das comunidades que mellor paga aos seus provedores”, sinalou Pedro Puy. Ademais, apuntou que esta falta de pago “ameaza un peche de exercicio orzamentario que estaba previsto fora con superávit para facer investimentos sostibles en educación, sanidade ou servizos de benestar”.

 

COMPROMISO ANUNCIADO HAI 16 MESES

 

Na súa intervención, Puy lembrou “o compromiso anunciado no mes de agosto de 2018 pola ministra de Facenda ante o Presidente da Xunta de reintegrar os 198 millóns do IVE pendente”, pero a día de hoxe aínda non se produciu e “estamos ante o principal recorte no gasto autonómico do ano 2019”.

 

O portavoz popular explicou que “hai solución para facer fronte ao pago desta débeda”. En concreto, e lamentando que a vía do decreto-lei xa non se pode levar adiante porque xa rematou o prazo para modificar o sistema do IVE, apuntou dúas posibles solucións: unha primeira, a través do sistema habitual de pago dos recursos ás comunidades por transferencia ou por pagos a conta de tributos; e a segunda, a través do endebedamento do Estado pola cantidade do IVE que as comunidades non están a percibir, transferindo esa cantidade ás distintas autonomías.

 

“Son sistemas sinxelos e fáciles e para isto aínda estamos a tempo, polo que o único que fai falta á vontade política por parte do Goberno de Pedro Sánchez”, sinalou. Por iso, e ante a posición do secretario xeral dos socialistas galegos, que cualificou esta reclamación de “contar unha película”, “orde mendicante” ou “farsa”, incidiu que “é indecente que o Goberno de Pedro Sánchez estea transferindo ás comunidades autónomas o seu déficit e destinando estes cartos para campañas electorais

Síguenos nas redes sociais