Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular afirma que a dotación de servizos e persoal está axustada ás necesidades da poboación de Laracha

13 Dec 2019

Santiago, 12 de decembro de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, afirmou hoxe que “a dotación de servizos e persoal está axustada ás necesidades sanitarias da poboación do concello de Laracha” e incidiu que “os problemas puntuais de substitucións do persoal médico veñen derivados do paro cero en medicina de familia e pediatría, que se solucionan dentro das posibilidades de atopar persoal en cada momento”.

 

Aurelio Núñez explicou que o servizo de atención primaria da Laracha ten dous puntos de atención: un centro de saúde na capital do concello, con seis médicos de familia; e outro na localidade costeira de Caión, cunha cota herdada do antigo ISM, reconvertida a praza de atención primaria do novo modelo.

 

“Ademais, conta cun PAC que atende ás urxencias deste concello e do limítrofe de Cerceda, cunha poboación total susceptible de ser atendida neste servizo duns 15.800 habitantes, cifra moi inferior á requirida para este tipo de atención de urxencias”, apuntou.

 

Así mesmo, lembrou que “recentemente foi posto en funcionamento un novo edificio do PAC, cun investimento superior ao millón de euros, incorporando as antigas salas deste servizo para a mellora de espazos do propio centro de saúde”.  

 

A estas novas instalacións, sumouse no ano 2018 a creación dunha nova praza de médico de familia no centro de saúde de Laracha.

Síguenos nas redes sociais