Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG salienta o firme apoio da Xunta ao proxecto da Cuarta Ronda para comunicar os polígonos empresariais coruñeses e o Porto Exterior

12 Dec 2019

Santiago, 12 de decembro de 2019.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, salientou hoxe “a determinación coa que a Xunta de Galicia apoia o proxecto da Cuarta Ronda como infraestrutura de conexión dos polígonos empresariais de A Coruña e de comunicación do Porto Exterior.

Ademais, subliñou que este proxecto “é completamente compatible coa proposta presentada pola Xunta ao Ministerio de Fomento para o rescate parcial, liberación de peaxe e cambio de titularidade do treito entre A Coruña e Arteixo da AG-55”.

 

Segundo explicou esta mañá nunha pregunta no Parlamento o director xeral da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, a proposta trasladada pola Xunta e o Concello de Arteixo ao Ministerio de Fomento pasa porque o Goberno de España asuma a titularidade da AG-55 no treito entre A Coruña e o enlace coa A-6, o que automaticamente suporía a conexión directa do Porto Exterior coa Rede de Estradas do Estado, ao tempo que se eliminaría a peaxe mediante o pago da correspondente compensación á concesionaria da autoestrada.

 

Á ESPERA DO MINISTERIO DE FOMENTO

 

“Desde xeito, neste momento estamos á espera de que o Ministerio de Fomento se pronuncie sobre esta proposta, que facilitaría unha resposta rápida e definitiva para liberar a peaxe neste treito da AG-55 e dotar ao Porto Exterior dun acceso libre de peaxe e regularizado”, apuntou Martín Fernández

 

Porén, sinalou que, “independentemetne do que conteste Fomento, a Cuarta Ronda ten que seguir sendo unha aposta de toda a sociedade e administracións da área metropolitana de A Coruña, por ter funcionalidades a maiores do acceso ao Porto Exterior”.

 

AG-55 E CUARTA RONDA, TOTALMENTE COMPATIBLES

 

Así mesmo, o portavoz popular lamentou que “algunhas persoas estean a mesturar a proposta da Xunta respecto da AG-55 coa construción da Cuarta Ronda, actuacións que son totalmente compatibles e complementarias xa que ambas están encamiñadas a mellorar a mobilidade da área metropolitana coruñesa”.

 

Por este motivo, Fernández Prado considerou “fundamental que a Xunta certificara no Parlamento hoxe o seu firme apoio á posta en marcha da Cuarta Ronda como unha infraestrutura que estruture a área metropolitana, conecte os polígonos empresariais e a dársena interior e exterior do porto de A Coruña, e dea acceso da AC-415 en Meicende ao resto da rede de estradas, ademais de mellorar o acceso ao Porto Exterior”.

Síguenos nas redes sociais