Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular demanda ao Concello de A Rúa a cesión dos terreos adecuados e necesarios para a construción do novo centro de saúde

12 Dec 2019

Santiago, 12 de decembro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo afirmou hoxe no Parlamento que “a Xunta está á espera de que o Concello de A Rúa ceda os terreos adecuados e necesarios para a construción do novo centro de saúde, unha infraestrutura que xa está prevista no Plan Funcional realizado polo Sergas este ano.

 

Encarna Amigo lembrou que o centro de saúde de A Rúa “é de titularidade municipal” e, de cara á construción do novo edificio, “ata a fecha o Concello só remitiu á Xunta o acordo plenario, pero falta o resto da documentación para poder tramitar o expediente de cesión”.

 

SEN NOTICIAS DESDE 2011

 

“Existe o expediente de cesión dun terreo para a construción dun novo centro de saúde, pero o último escrito do Concello é do ano 2011 cun informe técnico e normativa relativo á proposta de localización do novo centro de saúde”, apuntou a deputada popular, quen engadiu que “desde esa data o Concello non ten realizado ningunha tramitación a maiores, nin ten presentado a documentación necesaria para a cesión dos terreos”.

 

Amigo manifestou que “existe un plan funcional deste ano para a construción dun novo centro de saúde, xa que o actual presenta múltiples carencias e deficiencias estruturais e funcionais, destacando de xeito especial a falta de espazo físico, así como importantes barreiras arquitectónicas que dificultan a prestación dunha asistencia sanitaria de calidade”.

 

“Esperamos e confiamos que a nova corporación municipal de A Rúa sexa máis dilixente que a anterior e proceda á cesión dos terreos adecuados e necesarios para a construción deste novo centro de saúde, porque no momento que isto se produza a Xunta cumprirá e construirá estas novas instalacións sanitarias”, afirmou Encarna Amigo.

Síguenos nas redes sociais