Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento galego demanda a reconversión da antiga escola unitaria de Donís en Cervantes nun espazo de actividades lúdicas e culturais

12 Dec 2019

Santiago, 11 de decembro de 2019.- O Parlamento galego aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei do Grupo Popular, transaccionada co Grupo Socialista, a través da que se solicita que a Xunta acorde co Concello de Cervantes as actuacións necesarias, particularmente a súa desafectación, para acometer a reconversión da antiga escola unitaria de Donís e convertela nun espazo de actividades especialmente dirixidas á xuventude e vinculadas á natureza, medio ambiente, patrimonio cultural, arqueolóxico e a actividades de lecer, tempo libre e turismo alternativo.

 

A deputada popular Encarna Amigo explicou que o Concello de Cervantes “conta cunha antiga escola unitaria, na actualidade fora de uso, no lugar de Donís que, coas correspondentes obras de readaptación, podería converterse nun espazo referente para o desenvolvemento de moitas actividades lúdicas e culturais”.

 

“A reconversión desta antiga escola nun albergue ou instalación similar contribuiría á dinamización deste concello do interior lucense, e permitiría dar unha resposta a unha demanda, protagonizada de xeito especial pola xuventude, que reclama espazos de lecer, tempo libre e turismo alternativo en plena natureza”, apuntou.

Síguenos nas redes sociais