Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG lamenta que a situación de Alcoa empeora día a día e, de non tomar medidas o Goberno central, a nova poxa será a antesala do seu peche

11 Dec 2019

Santiago, 11 de decembro de 2019.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, lamentou hoxe no Parlamento que “o Goberno socialista de Pedro Sánchez empeora día a día a situación de Alcoa” e sinalou que, de non aprobar o novo estatuto para as empresas electrointensivas, “a nova poxa de interrumpibilidade convocada para a metade de 2020 será a antesala do peche desta empresa”.

 

Marta Nóvoa afirmou que “está claro que o Goberno socialista non ten interese en ofrecer solucións e ningunha estabilidade ás empresas electrointensivas”. “Non aproban o estatuto, nin sequera ensinan o que din ter feito, e convocan unha poxa de interrumpibilidade para a metade do vindeiro ano de 1.000 megavatios, cando antes eran 2.400, eliminando por completo ademais os bloques de 40 megavatios e permitindo só poxar polos bloques de 5 megavatios, o que supón un agravio para os grandes consumidores de enerxía”, indicou.

 

“Irremediablemente, Galicia vai recibir menos fondos: dunha media de 150 millóns de euros que recibía, agora o Goberno central destina para seis meses só 60 millóns de euros para toda España”, concretou a portavoz popular. Así mesmo, subliñou que “cando gobernaba Mariano Rajoy Alcoa recibía 94,4 millóns de euros ao ano, mentres que co actual Goberno socialista só chega a 42,4 millóns de euros”.

 

MEDIDAS NA LIÑA DO ACORDADO CON TRABALLADORES E SECTOR

 

Nóvoa incidiu que “despois de máis de un ano que o prometeran, seguimos necesitando que se aprobe o estatuto para as empresas electrointensivas, e que vaia na liña que indicaron os traballadores e o sector desta industria, de forma que se consiga situar o prezo da electricidade entre 35 e 40 euros por megavatio”.

 

“Ademais, teñen que convocar a mesa industrial e que se inclúa aos traballadores, tal e como xa temos solicitado desde este Parlamento, adoptando as medidas recollidas no documento enviado polo Goberno galego e tamén ratificado nesta Cámara”, apuntou.

Síguenos nas redes sociais