Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Puy afirma que, o debate esta semana de decretos-lei no Congreso, confirma que un Goberno en funcións pode aprobar pagar o que debe a Galicia ou o estatuto das electrointensivas

25 Nov 2019

Santiago, 25 de novembro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que, o debate esta mesma semana na Deputación Permanente do Congreso de tres decretos-lei, confirma que un Goberno en funcións pode aprobar os decretos-lei correspondentes para abonar a Galicia o que lle debe pola mensualidade do IVE de 2017 ou as compensacións por ser unha comunidade cumpridora en materia de estabilidade, ou para aprobar o estatuto que beneficie as empresas electrointensivas.

 

Pedro Puy considerou relevante que o Consello de Ministros aprobara distintos decretos-lei no ámbito económico, “cando están pendentes algúns asuntos con Galicia dos que se afirmaba que non era posible aprobar porque un Goberno en funcións non podía”.

 

A DEBATE ESTA MESMA SEMANA

 

En concreto, o portavoz popular referiuse á previsión de que a Deputación Permanente do Congreso debata esta semana o proxecto de lei de axudas aos afectados pola quebra do touroperador británico Thomas Cook, a convalidación ou o rexeitamento do decreto que amplía en 600 millóns de euros a transferencia do Estado á Seguridade Social, e o decreto-lei de retribucións para as instalacións de enerxías renovables.

 

“Valoramos estes decretos porque confirman que un Goberno en funcións, para asuntos de urxencia e de interese xeral, pode aprobar decretos-lei no ámbito económico, que se podería aplicar ás débedas que o Estado mantén con Galicia, como a mensualidade do IVE ou os pagos como compensación por ter cumpridos os criterios de estabilidade e de sustentabilidade e económica; e tamén se poden aprobar decretos-lei no ámbito enerxético para apoiar ás industrias electrointensivas”, sinalou.

 

GARANTÍA DE ABASTECEMENTO DE AUGA

 

Por outra parte, Pedro Puy avanzou que no Pleno da vindeira semana está previsto a aprobación do proxecto de Lei de medidas de garantía do abastecemento nos episodios de seca e nas situacións de risco sanitario, unha norma que “pretende garantir o subministro de auga en cantidade e calidade suficiente para a poboación”.

 

Entre os obxectivos desta nova lei, Puy sinalou que busca reducir a vulnerabilidade do sistema, especialmente nas épocas de seca; así como conseguir unha maior eficiencia no subministro de auga, evitando perdas e establecendo mecanismos de colaboración cos concellos, que son os que teñen a responsabilidade directa de velar polo subministro de auga á poboación.

 

Neste sentido, lembrou que esta lei recolle o deber de que os concellos con máis de 20.000 habitante se doten dun plan contra a seca e fixa como obxectivo situar as fugas de auga por baixo do 20 por cento, fronte ao 40 por cento na actualidade.

Síguenos nas redes sociais