Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG afirma que a Xunta traballa no novo decreto que regulará o acceso directo a vivendas de promoción publica de persoas con discapacidade

21 Nov 2019

Santiago, 21 de novembro de 2019.- O portavoz de Vivenda do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, avanzou hoxe que a Xunta está a tramitar o decreto que regulará a posibilidade de acceso directo ás vivendas de promoción pública de persoas con discapacidade física ou intelectual que, por resolución xudicial, non teñen plena capacidade de obrar.

 

Jaime Castiñeira explicou que esta nova norma substituirá ao decreto 253/2007, elaborado e aprobado polo Goberno bipartito de socialistas e nacionalistas, que impide a adxudicación de vivendas de promoción pública a persoas con discapacidade, “a pesar de que unha parte das vivendas construídas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo están adaptadas para o seu uso por persoas con mobilidade reducida”.

 

A TRAVÉS DO SEU TITOR

 

En concreto, Castiñeira dixo que este decreto “unicamente limita a posibilidade de acceso á vivenda de promoción pública ás persoas que foran declaradas como discapacitadas xudicialmente, aínda que si poden acceder a través do seu titor legal”.

 

Diante desta situación, a Xunta está a traballar no novo decreto que substitúa a esta normativa, de xeito que se regule de novo a posibilidade de acceso directo ás vivendas de promoción pública de persoas discapacitadas xudicialmente.

 

“Con este novo decreto, tamén se atenderá a solicitude realizada pola Valedora do Pobo no seu informe correspondente ao ano 2018, que entrou no Parlamento galego o pasado mes de outubro, a través do que demandaba un cambio na normativa para favorecer o acceso á vivenda das persoas incapacitadas”, indicou.

Síguenos nas redes sociais