Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento galego insta á Xunta a rematar en 2020 a concentración parcelaria de Gonzar II en O Pino

15 Nov 2019

Santiago, 15 de novembro de 2019.- O Parlamento galego aprobou hoxe unha proposición no de lei, logo dun acordo entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, a través da que se insta ao Goberno galego a que remate no 2020 as obras do proceso de concentración parcelaria da zona de Gonzar II no Concello de O Pino, así como estudar as futuras solicitudes de procesos de reestruturación parcelaria.

 

O deputado popular Carlos Gómez Salgado explicou que na concentración parcelaria de Gonzar II está en execución da rede de camiños principais, cuxo proxecto de obra conta cun orzamento de 1,73 millóns de euros. Así mesmo, está redactado o proxecto de colaboración para a actualización das bases, a realización do acordo de reestruturación parcelaria e a colocación dos marcos dos novos predios, cun presuposto de 333.682 euros.

 

Porén, Gómez Salgado lamentou que “a publicación da declaración de impacto ambiental desta zona de concentración parcelaria motivou a modificación do proxecto da rede de camiños principais, o que supuxo un pequeno retraso na súa execución que non privará de que os traballos estean rematados no prazo previsto”.

 

REFORZO DO ORZAMENTO

 

Na súa intervención, o deputado popular salientou que a Xunta “reforzou de xeito importante o orzamento destinado á realización de concentracións parcelarias en Galicia, pasando de 8 a 20 millóns de euros para o vindeiro ano 2020”. Neste momento, as zonas de concentración parcelaria sobre as que se está actuando afectan a 120.000 hectáreas e 90.000 propietarios.

 

“É un compromiso do Goberno galego rematar administrativamente as concentracións parcelarias abertas nesta lexislatura e poder rexistrar e entregar o antes posible os títulos de propiedade das que serían as 180.000 fincas de substitucións”, indicou.

Síguenos nas redes sociais