Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG salienta que máis de 6.500 persoas traballan hoxe nos servizos sociais en Galicia

14 Nov 2019

Santiago, 14 de novembro de 2019.- A portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, salientou hoxe no Parlamento que “máis de 6.500 profesionais traballan nos servizos sociais en Galicia, logo dun incremento do 10,3 por cento nos últimos dez anos”.

Ademais, subliñou que a Comunidade galega “conta con máis de 8.000 prazas públicas en residencias de maiores, un 44 por cento máis que en 2009”.

 

 

Marta Rodríguez afirmou que “estes profesionais gozan a día de hoxe de mellores condicións laborais, como a redución de días consecutivos de traballo e unhas xornadas de traballo que están un 5 por cento por debaixo dos máximos legais; o incremento das súas nóminas nun 2,5 por cento en 2019 e un 2,2 por cento en 2020; ou que en todos os centros públicos de atención ás persoas maiores se cumpre os máximos estándares de calidade e se ten en conta a rotación dos traballadores nos supostos de carga de traballo, substitucións ou cobertura de baixas”.

 

REFORZO NA ATENCIÓN NAS RESIDENCIAS

 

Así mesmo, a portavoz popular referiuse ao reforzo da atención nas residencias da terceira idade galegas logo de que se triplicasen as prazas públicas en centros de día; se multiplicaran por 16 os beneficiarios do servizo de axuda no fogar; os 170 concellos aos que chega o programa Xantar na casa; os cerca de 6.000 usuarios da teleasistencia; ou a posta en marcha de servizos innovadores no rural como as Casas do maior ou os coidados porta a porta.

 

Rodríguez Arias salientou, por último, que “Galicia contará con sete novas residencias nas sete grandes cidades galegas, que incrementarán a oferta pública en 900 prazas”. “Non costarán nin un só euro aos galegos, gracias á implicación da Fundación Amancio Ortega, que investirá 90 millóns de euros nestes centros”, apuntou.

 

Ademais, á construción destas novas residencias sumaranse as obras que a Xunta continuará a realizar ao longo do vindeiro ano 2020 nas residencias de Campolongo en Pontevedra, Ferrol, Cerdedo, Burela ou Barbadás, nas que investirá máis de sete millóns de euros.

Síguenos nas redes sociais