Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular afirma que a Estratexia Galega de cambio climático sitúa a Galicia na vangarda en España

12 Nov 2019

Santiago, 12 de novembro de 2019.- O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, afirmou hoxe no Pleno do Parlamento que a Estratexia Galega de cambio climático e enerxía 2050 “sitúa a Galicia na vangarda en España xa que somos unha das primeiras comunidades autónomas que conta con unha guía propia de actuación nesta materia”.

 

Gonzalo Trenor cualificou esta Estratexia Galega como “a mellor folla de ruta”, xa que está baseada “no rigor, o traballo, na planificación, na participación dos expertos e en medidas reais que se plasman nos orzamentos”.

 

PARTICIPACIÓN DE 690 PERSOAS

 

Máis en concreto, dixo que “esta estratexia, que contempla no seu primeiro plan plurianual de desenvolvemento 170 medidas, cun investimento de 1.250 millóns de euros, é froito dun verdadeiro proceso participativo do que formaron parte 690 persoas de diferentes ámbitos, como a universidade, os sindicatos ou a propia administración”.

 

“Fronte ás cativas propostas que nos formulan os grupos da oposición, a Estratexia Galega aprobada pola Xunta estrutúrase arredor de catro ámbitos de actuación: mitigación das emisións de gases de efecto invernadoiro; adaptación aos seus impactos; investigación e innovación, co fin de converter Galicia nunha comunidade exportadora de coñecemento e captar fondos para desenvolver actuacións fronte ao cambio climático; e a dimensión social, gobernanza e sensibilización”, explicou Trenor.

Síguenos nas redes sociais