Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Feijóo pide non esquecer o domingo por que e por quen volvemos ter que votar e avoga por unirse nas urnas para superalo

08 Nov 2019

8, novembro, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu non olvidar este domingo por que e por quen volvemos ter que votar outra vez, avogando por unirse nas urnas concentrando o apoio no PP para superalo e que o luns as cousas comecen a cambiar.

Nun mitin celebrado na Coruña, o líder dos populares apuntou que o Executivo socialista foi incapaz de gobernar, segue sen ter uns orzamentos e que, ademais, tampouco quixo formar Goberno pensando que os cidadáns o premiarían por bloquear España tres veces. “Primeiro gobernou sen gañar; cando despois gañou, creu que tiña maioría absoluta e, ao final, todos os españois saímos perdendo”, apostilou.

 

Feijóo engadiu que o 10 de novembro debemos recordar a inestabilidade á que o Partido Socialista levou a España, o paro e a inacción ante a desaceleración, a ambigüidade e a equidistancia ante os extremistas que ten como socios e volverá buscar para asociarse, o continuo menosprezo a Galicia nin tampouco aos traballadores de Alcoa, de Endesa, do sector forestal, da automoción ou do naval, por quen pediu o voto: “Que nin a estratexia do PSOE nin a campaña faga que nos esquezamos, non esquezamos que se volvemos votar divididos, volverá gañar e repetir todo isto”.

 

VOTAR AO PP O PRÓXIMO DOMINGO

Como salientou o presidente, “podemos e temos que lograr o vindeiro domingo máis deputados e máis senadores que Pedro Sánchez”, sinalando que é preciso que non se volva a beneficiar da división e que non funcione a súa estratexia de dar protagonismo a outras formacións para fomentar a división. “Non caiamos na súa trampa”, insistiu.

 

Nese senso, avogou por votar unidos para que todos os votos sumen e por partidos que realmente poden lograr escanos, asegurando que en Galicia só o PP pode conseguilos para chegar a ter un Goberno alternativo ao de Sánchez e os seus socios. Como recordou, nas pasadas Xerais de abril, máis de 100.000 votos a Ciudadanos e preto de 90.000 a Vox foron “papeletas desperdiciadas”. E sinalou que hai dirixentes de Vox que están enfadados co PPdeG, algo, dixo, que aos populares galegos non lle importa, xa que o que lle preocupa ao PPdeG é “a xente que vai votar porque compartimos o mesmo obxectivo. “Se votamos unidos, Pedro Sánchez irase o domingo á súa casa”. 

 

UN GOBERNO QUE RESPECTE A GALICIA

Feijóo, que pediu o voto para un Goberno que respecte a nosa Comunidade, “porque Galicia é leal con Estado”. Neste punto, advertiu que “cando os independentistas teñen a chave do Goberno da nación, á nación non lle irá ben”. “Queremos -continuou- un Executivo que lle pida a Torra que cumpra coa lei”. Do mesmo xeito, apuntou que, “se a maioría dos españois queren que goberne Pedro Sánchez, aceptarémolo, pero se, pola contra, non é así, unamos o voto no Partido Popular”.

 

Por outra banda, o líder dos populares galegos salientou que a política non consiste en “quitarse ti par poñerme eu”, ao tempo que indicou que España non pode seguir con “esta irresponsabilidade”: “Se votamos unidos non nos imos arrepentir e se non o facemos, padeceremos catro anos máis de Pedro Sánchez”. Para Feijóo, sería “un erro histórico” que continuase no Goberno de España e indicou que se os dirixentes doutros partidos fosen responsables teríamos unha única papeleta para combater a Pedro Sánchez desde o centro-dereita.

 

Para rematar, remarcou que escoitar a Pedro Sánchez dicir que goberne a lista máis votade cáusalle á xente estupor e gargalladas.

Síguenos nas redes sociais