Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Feijóo: “Cada voto sen escano a VOX e Ciudadanos son máis escanos para un Goberno do PSOE con populistas e nacionalistas”

02 Nov 2019

2, novembro, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, salientou que o Partido Popular sae a gañar o 10 de novembro para que haxa un Goberno central que cumpra con Galicia “si ou si” e que a teña en consideración.

Así, pediu unir o voto no Partido Popular ante un PSOE que fracasou e só pode agarrarse á división nas urnas. E é que, segundo incidiu, despois de meses de tanta irresponsabilidade e inacción, “o PSOE xa non convence e só lle queda dividir para vencer”. Para o líder do PPdeG, os socialistas saben que poden perder, porque malgastaron a súa oportunidade de demostrar que eran capaces de levar a este país desde o Goberno, de aí que queiran máis que nunca que se divida o voto e darlle, tamén, a VOX todo o protagonismo mediático que estea nas súas mans.

 

O CAMBIO DE ESPAÑA PASA POLA VITORIA DO PP

Durante un mitin en Ribeira, apuntou que, tal e como aconteceu nas últimas Eleccións Xerais, a división do voto só beneficia ao PSOE e prexudica a todos os españois: “Cada voto sen escano a VOX e Ciudadanos son máis escanos para un Goberno do PSOE con populistas e nacionalistas”. Por iso, subliñou que no Partido Popular caben todos os que queren máis compromiso con Galicia, respecto á Constitución e á convivencia, recuperar a estabilidade e xestión e un Goberno que goberne. “

Feijóo salientou que, se a maioría de españois que votaron divididos en abril poñen en común todo o que comparten na papeleta do PP, España si terá o Goberno que necesita.

“UNS FALAN, OUTROS FACEMOS”

Incidiu en que, fronte a gobernos que dan mitins desde Moncloa, fan declaracións de independencia desde a Generalitat, Galicia presenta, un ano máis en tempo e forma, os orzamentos. Segundo Feijóo, mentres “uns falan, outros facemos”. Así, puxo en valor o investimento da Xunta para o vindeiro ano en educación, sanidade, servizos públicos, dependencia, conciliación e, tamén, para afrontar o desequilibrio territorial e o reto demográfico. E salientou que a partir de 2020 todas as familias galegas terán a escola infantil gratuíta para o seu segundo fillo e os sucesivos.

Síguenos nas redes sociais