Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Feijóo pide aos galegos que se unan nun voto esixente para que volva a estabilidade a España e se cumpra con Galicia

31 Out 2019

31, outubro, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu aos galegos que se unan nun voto esixente para que volva a estabilidade a España e se cumpra coa nosa Comunidade. Porque, segundo apuntou, o que precisa Galicia son certezas e compromiso por parte do próximo Goberno.

Así, durante o acto de inicio de campaña que tivo lugar en Vigo, Feijóo incidiu en que os españois non son os culpables do que está pasando en España, pero que si teñen a solución: votando o próximo 10 de novembro por todo o que os une e para que as cousas cambien.

 

E é que, tal e como indicou o líder do PPdeG, non teñen a culpa dos problemas creados ao sector industrial, da inestabilidade política provocada polo egocentrismo e a frivolidade nin dunha campaña electoral permanente e nin tampouco de que unha minoría nacionalista e independentista poidan condicionar a convivencia e o Goberno de todos. 

 

Feijóo sinalou que, se as eleccións de abril estiveron motivadas por un Executivo incapaz de gobernar e de aprobar presupostos, as de agora estarán motivadas, ademais, pola incapacidade de formar Goberno. Un fracaso, engadiu, que o próximo 10 de novembro ten que ser só dos seus responsables. E sostivo que o PP sae a gañar pola estabilidade, a economía, o emprego, os traballadores da nosa industria, os servizos públicos e as familias. Neste punto, recordou que a división nas últimas Eleccións Xerais, que favoreceu ao que PSOE gañase, fixo que todos os españois acabasen perdendo.

 

A FOLLA DE RUTA DE GALICIA

Feijóo referiuse ao programa que a Comunidade precisa do próximo Goberno e que a Xunta presentou no día de hoxe. Unha folla de ruta ineludible, explicou, leal á nosa Comunidade e a España: “Galicia pide porque Galicia fai e Galicia esixe porque Galicia cumpre”.

 

O líder dos populares galegos recalcou que o que precisa España, despois de meses de promesas e cálculos electorais, é xestión, un presidente e un Goberno que volva ser activo. Por iso, subliñou que se todos os que queren estabilidade, políticas rigorosas e eficaces ante a desaceleración e un Goberno que non teña que deberlle nada ao nacionalismo nin ao independentismo unen o seu voto, a vitoria será de todos os españois, porque España volverá a funcionar.

 

Para rematar, o presidente dos populares galegos asegurou que o que está a suceder en España non é irremediable e que Galicia é a mostra de que a alternativa sólida e clara no PP é real, xa que é cumprimento do deber, responsabilidade e estabilidade: “Canto mellor lle iría a Cataluña e a España cun Goberno como o de Galicia”.

Síguenos nas redes sociais