Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular salienta “a planificación, previsión e xestión eficiente” da Deputación de Ourense”

31 Out 2019

Santiago, 31 de outubro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Cristina Romero salientou hoxe no Parlamento “a planificación, previsión e xestión eficiente que converten á Deputación de Ourense na primeira administración pública en aprobar os seus orzamentos para 2020, o que está a permitir aos concellos da provincia planificar as súas contas ao coñecer as contías das que disporán no próximo exercicio”.

 

Na comparecencia do Presidente da Deputación de Ourense no Parlamento para explicar os orzamentos desta institución, Cristina Romero salientou que “ao longo destes anos sempre defendeu unha visión e un proxecto integral da provincia, consolidando a débeda cero e o liderado en transparencia, como o acreditan todos os rankings existentes”.

 

 

VISIBILIDADE DE OURENSE

 

“E o máis importante, acadou a visibilidade de Ourense en foros nacionais e internacionais gracias á representación que ostenta nos órganos de xestión de importantes entidades con capacidade de decisión, como a Federación Española de Municipios e Provincias, a Asociación Europea de cidades Históricas Termais, a Asociación Europea de Gobernos Provinciais ou a Confederación Europea de Poderes Locais Intermedios”, engadiu.

 

Referíndose en concreto aos orzamentos da Deputación de Ourense, a deputada popular salientou o compromiso cos servizos sociais, a través do Plan BenOurense, as axudas á natalidade ou para a mocidade; o compromiso co deporte; e o compromiso coa cultura, con iniciativas como o Plan Taranzana, a ICC Week, o Festival de Cine de Ourense ou a dotación de infraestruturas culturais como o Teatro Principal ou o Centro Cultural Marcos Valcárcel”.

Síguenos nas redes sociais