Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG demanda ao BNG que “deixen que os galegos decidan como, cando e onde queren falar galego ou castelán”

08 Out 2019

Santiago, 8 de outubro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez demandou hoxe ao BNG que “deixen que os galegos decidan como, cando e onde queren falar galego ou castelán”, e sinalou que “non conten co PPdeG para enfrontar o patrimonio cultural dos galegos e das galegas”. “Fronte ao monolingüismo empobrecedor estará o bilingüismo cordial”, manifestou.

 

Sandra Vázquez lembrou que “Galicia é unha comunidade histórica e bilingüe, na que os idiomas non son un problema, como nos quere facer ver o BNG, senón unha riqueza que debemos coidar día a día”.

 

MELLORA NO USO E NAS COMPETENCIAS ESCRITAS

 

Respecto da última enquisa do Instituto Galego de Estatística sobre o uso do galego, a deputada popular salientou “melloraron os datos respecto do último traballo realizado en 2013”. Así, pasouse dun 60,27 a un 63,01 por cento das persoas entre 15 e 29 anos que falan moito o galego, ao tempo que pasouse dun 11,83 ao 9,84 por cento os que falan pouco ou nada galego neste tramo de idade.

 

“Tamén hai un incremento de competencias escritas, pasando dun 83,32 a un 86,79 por cento entre os anos 2013 e 2019; incrementándose o número de persoas que falan máis galego que castelán: do 50,9 ao 51,88 por cento”, engadiu.

 

Sandra Vázquez referiuse ao Plan de dinamización da lingua na mocidade, “presentado no Parlamento o pasado verán e que tivo o voto en contra dos nacionalistas galegos”. “Estamos a falar dun plan participativo, de goberno, social e con gran vocación de participación para acadar o máximo consenso”, dixo a deputada popular, quen concretou que, dotado con 16,5 millóns de euros, incorpora nove áreas, 19 obxectivos e 39 medidas que alcanzan desde a transmisión interxeracional e o ámbito familiar, ata a incorporación ao mercado laboral e a formación continua.

Síguenos nas redes sociais