Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Tellado: “O PSOE quere asinar o certificado de defunción desta comarca”

29 Set 2019

29, setembro, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, mantivo este domingo unha reunión co presidentes provinciais do partido na Coruña e Lugo, Diego Calvo e Elena Candia, á que asistiron alcaldes e portavoces dos concellos da área de Ferrolterra, Eume, Ortegal e a Terra Chá para abordar a problemática derivada do anuncio de peche da central térmica de As Pontes. Logo desta xuntanza, Tellado declarou que “o PSOE quere asinar o certificado de defunción desta comarca” ao forzar a clausura dunha central que estaba levando a cabo un plan de investimentos para alongar a súa vida útil ata o ano 2045 e que operaba respectando toda a normativa medioambiental da Unión Europea.

“Este foi o obxectivo do Goberno Sánchez desde o primeiro día”, incidiu o número dous dos populares galegos, e preguntouse se as mesmas ministras de Industria e de Transición Ecolóxica que levan meses falando alegremente de pechar as térmicas van vir a As Pontes a mirarlle á cara aos traballadores e dicirlle que se van para a casa sen ningunha alternativa.

 

No mesmo sentido, Tellado lembrou que “hoxe son estas 750 familias, pero mañá poden ser moitas máis, porque hai moitas industrias ameazas polas políticas erráticas dos socialistas”. Sobre isto, lembrou os problemas que están a atravesar as empresas electrointensivas (con especial atención a Alcoa en San Cibrao), a falta de carga de traballo no naval ferrolán, a persecución dos motores de combustión e os seus efectos no sector da automoción, ou a vontade do Goberno de pechar a factoría de ENCE en Pontevedra”. “Pedro Sánchez quere converter Galicia nun deserto industrial e non llelo podemos permitir”, insistiu.

 

A ACTITUDE DOS SOCIALISTAS GALEGOS

Tellado amosouse especialmente crítico coa actitude do delegado do Goberno en Galicia e do secretario xeral do PSdeG. “Mentres o Goberno Central lle lanzaba un novo ataque a Galicia, Javier Losada e Gonzalo Caballero estaban en Madrid aplaudíndolle a Pedro Sánchez”, afeoulles, para concluír que “dúas persoas que debían ser os primeiros en defender os intereses de Galicia e das Pontes xa demostraron moitas veces non están á altura do cargo que teñen”.

Síguenos nas redes sociais