Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Debate sobre o Estado da Autonomía remata coa aprobación de 57 resolucións, das que 24 foron por acordo entre o PPdeG e a oposición

27 Set 2019

Santiago, 27 de setembro de 2019.- O Pleno do Parlamento aprobou hoxe 57 resolucións no Debate sobre o Estado da Autonomía, das que 24 saíron adiante logo de acordos entre o Grupo Popular e os grupos da oposición. O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, sinalou que "este Debate do Estado da Autonomía demostrou que este Goberno, e a maioría parlamentaria que o sustenta, teñen máis impulso e máis ganas de traballar por Galicia ca nunca" e contrapúxoo con que "en fronte tamén vemos unha alternativa menos sólida ca nunca".

Miguel Tellado salientou que máis do 40 por cento das resolucións aprobadas no Debate sobre o Estado da Autonomía “saíran adiante logo de acordos cos grupos da oposición, a través de transaccións ou co voto directo do Grupo Popular, o que demostra o talante dialogante, negociador e aberto ao consenso do Partido Popular de Galicia”.

 

GOBERNO QUE GOBERNA

Así mesmo, lembrou que o Presidente Feijóo presentouse este mércores ante toda Galicia con medidas "para xestionar a Galicia dos vindeiros 12 meses e para planificar a Galicia dos vindeiros 12 anos”. "Porque iso é o que fai un Goberno que goberna: estuda os problemas da súa terra, pensa, planifica e traballa para solucionalos", salientou.

 

Así, comparou a realidade da Xunta coa dun Goberno central "que non Goberna, que crea problemas onde non os había, utiliza os recursos do Goberno en facer campaña electoral e supedita os intereses dun territorio aos intereses do partido e do presidente".

 

Deste modo, incidiu na "longa lista de agravios e traizóns que cometeu Sánchez con Galicia nestes meses" e exemplificouno coa débeda impagada de 700 millóns de euros, a ralentización do naval, a negativa a aprobar o estatuto de electrointensivas, a vontade de pechar ENCE, o dieselazo e a contracción do sector do automóbil ou o peche das térmicas.

Síguenos nas redes sociais