Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Pedro Puy considera “lamentable” a resposta do Goberno socialista á reivindicación dos 700 millóns que lle debe a Galicia

17 Set 2019

Santiago, 17 de setembro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, incidiu hoxe que “abordamos o Debate sobre o Estado da Autonomía coa intención de render contas de como están as cousas na Comunidade galega e das accións que ten desenvolvido o Goberno galego, ao tempo que formular ideas e iniciativas, en base ao que xa fixemos, para o futuro”.

 

Así mesmo, Puy considerou “lamentable” a resposta dada polo Goberno central socialista á reivindicación sobre o pago dos 700 millóns de euros de débeda que ten con Galicia e criticou que “se anuncie que a outra comunidade se lle poden adiantar cartos, mentres a nós négannos o que nos pertence”.

 

Ao remate da Xunta de Portavoces, Pedro Puy concretou que o Debate sobre o Estado da Autonomía celebrarase os días 25 e 27 de setembro co mesmo formato que os anteriores desta lexislatura. Deste xeito, salientou que “terá lugar no momento no que xa se saberá se hai Goberno do Estado ou se celebran unhas novas eleccións xerais, alonxando o máis posible este debate desta nova convocatoria electoral”.

 

CENTRADO EN GALICIA E NOS SEUS PROBLEMAS

 

“O que está facendo o Goberno galego é intentar que o debate se centre en Galicia e se fale dos problemas de Galicia, afastándoo do debate de investidura e da posible convocatoria de novas eleccións”, manifestou.

 

O portavoz popular sinalou indicou que “falar de Galicia tamén é abordar problemas a nivel nacional como o novo estatuto das empresas electrointensivas, o peche das centrais térmicas ou a crise do sector do automóbil, así como dos cartos que o Estado lle debe ás comunidades autónomas”.

 

“Estamos falar dun grave problema desde o punto de vista financeiro para España que o Goberno socialista non quere resolver”, afirmou Puy, quen explicou que deste xeito a Administración central dispón de “marxe de gasto a costa da prestación dos servizos públicos por parte das comunidades autónomas”.

 

RIRSE DE GALICIA

 

Puy subliñou que “non é un tema menor desde o punto de vista das relacións entre o Estado e as Comunidades autónomas” e apuntou que “están conseguindo unha especial incidencia naquelas comunidades que perden máis cartos, como é o caso de Galicia por ter cumprido os compromisos de déficit e débeda, ás que o Goberno socialista di que potestativamente non os van dar”.

 

“Isto é rirse de Galicia, das normas e da orzamento vixente, que é o que di que hai que pagar estas cantidades ás comunidades autónomas”, lamentou o portavoz popular, quen engadiu que “a culpa de que non haxa orzamentos do Estado será de quen non da sacado unhas contas coa mesma maioría que o levou ao Goberno nunha moción de censura”.

 

Pedro Puy considerou “excesiva a defensa que está a facer o Partido Socialista en Galicia, con moitas contradicións, como dicir que o problema é que as finanzas de Galicia non están ben cando a ministra di que como están tan ben non necesitamos os cartos que nos deben”.

Síguenos nas redes sociais