Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Tellado: “Os galegos non poden pagar os pratos rotos da mala xestión, da inacción e da irresponsabilidade de Sánchez”

14 Set 2019

14, setembro, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, fixo fincapé en que, fronte á situación de inestabilidade sen precedentes que está a vivir España, “Galicia é unha illa política xestionada desde o rigor, a responsabilidade e a estabilidade”.

Durante un percorrido polo barrio da Falperra, na Coruña, xunto a Beatriz Mato, a presidenta do PP local, volveu incidir na necesidade de que o Executivo de Pedro Sánchez transfira a Galicia os 700 millóns de euros e que lle está a reter de forma irresponsable á nosa comunidade: “Hai un goberno en funcións que non funciona, e nós queremos un goberno que goberne, que resolva os problemas e que xestione as súas obrigas, como é transferir eses recursos que Galicia precisa para a sanidade, a educación e as políticas sociais”. “Os galegos -continuou Tellado- non poden pagar os pratos rotos da mala xestión, da inacción e da irresponsabilidade de Pedro Sánchez”.

 

Neste punto, garantiu que o PPdeG continuará esixindo o que a Galicia lle corresponde. Algo, apuntou, que nin o Delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, nin o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, están a facer: “O que lle pedimos ao PSdeG é que fagan o mesmo que o PSOE de Estremadura, de Asturias ou da Comunidade Valenciana, porque defenden mellor os intereses de Galicia que Javier Losada e que Gonzalo Caballero”.

 

FALAR DE GALICIA

Tras coñecerse a intención do Goberno galego de celebrar este mesmo mes o Debate do Estado da Autonomía, dixo que o obxectivo será “falar de Galicia e falar menos de España”, xa que, tal e como salientou, lévase falando moito tempo dos problemas que ten o país debido á inestabilidade que supón o goberno socialista.

 

“O que lle interesa aos galegos é que falemos de Galicia, sen interferencias do que suceda no conxunto do estado”, indicou Tellado, quen advertiu que todo parece indicar que “a improvisación e as ansias de poder de Pedro Sánchez” levarán a un escenario de repetición de elección xerais e, polo tanto, o que quere o PPdeG é falar de Galicia.

 

O COMPROMISO COA SANIDADE

Por outra banda, o número dous do PPdeG puxo en valor a sanidade pública galega e destacou os 4.000 millóns de euros ao ano que inviste o Goberno galego, así como tamén o incremento do número de facultativos  e do persoal de enfermería e a redución das listas de espera para intervencións cirúrxicas: “Son cifras que demostran o seu compromiso coa sanidade pública, como un dos elementos básicos para a mellora da calidade de vida dos galegos”.

 

Neste senso, referiuse ao novo centro de saúde que a Xunta de Galicia construirá na cidade coruñesa, como era a súa intención desde hai tempo, pero que, tal e como explicou Tellado, por culpa da incapacidade para chegar a acordos do anterior executivo municipal non o puido facer.

Síguenos nas redes sociais