Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento demanda alternativas que reduzan o uso de herbicidas para controlar a vexetación nas marxes das estradas

16 Set 2019

Santiago, 13 de setembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Mixto, a través da que se demanda tanto á Xunta de Galicia como ao Ministerio de Fomento, as deputacións provinciais e aos concellos que avalíen alternativas que permitan reducir progresivamente o uso de herbicidas no control da vexetación das marxes das estradas da súa rede viaria para que, no caso de que sexa viable, se restrinxa a súa utilización a aquelas zonas onde sexa necesario para garantir a visibilidade da estrada e, polo tanto, de acordo a criterios de seguridade viaria.

 

O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, manifestou que a Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas como órgano encargado da conservación e mantemento das estradas de titularidade autonómica, “cumpre coa normativa vixente na materia ao esixir a utilización de produtos autorizados, que son estendidos por persoal especializado e unicamente cando as condicións climatolóxicas son as idóneas para acadar un efecto localizado sobre a vexetación mais próxima ás estradas”.

 

Non obstante, afirmou que “estanse a avaliar outras alternativas de control da biomasa, sempre baixo a premisa de que se acade o obxectivo de salvagardar a seguridade viaria”. “A adopción, no caso de que sexa posible, destas accións alternativas á aplicación do glifosato, permitirían unha progresiva redución do seu uso, restrinxíndoo a aquelas situacións onde non haxa outra posibilidade”, apuntou.

Síguenos nas redes sociais