Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Pedro Puy: “É un escándalo utilizar a chantaxe económica e financeira que afecta aos servizos fundamentais para argumentar a non transferencia dos recursos ás CCAA”

29 Ago 2019

Santiago, 29 de agosto de 2019.- A voceiro popular Pedro Puy indicou hoxe que se trata dun “escándalo utilizar a chantaxe económica e financeira que afecta aos servizos fundamentais para argumentar a non transferencia dos recursos que corresponden ás Comunidades Autónomas”. Así, indicou que “todas as CCAA, gobernadas por socialistas ou populares seguen a senda que comezou Galicia para reclamar os cartos que o Goberno xa  recadou e que lle corresponde gastar as CCAA en sanidade, educación e servizos sociais”.

 

Para Pedro Puy trátase dun dobre escándalo “porque o Goberno reduce o seu déficit cos recursos recadados e que corresponden as CCAA, obrigando a estas a facer recortes, e por outra banda é unha chantaxe política en relación ao apoio a investidura ou castigando o non apoio aos orzamentos que presentou que, no caso de Galicia, reducía os investimentos un 19% e que os levaba a niveis do ano 2002”

 

“Ás CCAA están a solicitar eses recursos, anunciando algunhas delas xa recortes que en Galicia non se están a producir por unha situación financeira mellor, e todas elas demandan un instrumento lexislativo, ben a iniciativa do Goberno a través dun decreto lei ou a través dunha iniciativa lexislativa, para recibir os 5000 millóns que lles corresponden a todas polas entregas a conta  e que o Goberno xa lles comunicou que ían recibir e nalgúns casos xa incorporaron aos orzamentos, como o caso dos 350 millóns a Galicia aos ue hai que engadir os 200 millóns do IVE e os 170 dos incentivos ás CCAA cumpridoras” indicou o voceiro popular.

 

Para Pedro Puy “é sorprendente que cando todos os dirixentes socialistas, presidentes autonómicos socialistas están reclamando a solución e mesmo algún ministro di que se están a buscar saídas, o secretario xeral dos socialistas galegos diga que en Galicia non fan falta eses recursos e que o que se busca é a confrontación”.

 

Para o voceiro popular “ese seguidismo deixa en mal lugar a quen pretende ser líder dunha oposición que, por certo, aprobou en bloque esta demanda no último pleno ordinario, salvo o PSdeG-PSOE que se puxo de perfil coa súa abstención, pero que naquel debate non chegou ao extremo de dicir que non temos razón nunha petición que comparten todas as CCAA con independencia de quen goberne”

 

Pedro Puy recorda que hai antecedentes dun goberno en funcións, o de Mariano Rajoy, que, por razóns de urxente necesidade aprobou dous decretos leis que implicaban gasto. “Nos atopamos ante unha situación política inédita, non a entendemos e menos explicable é a actitude do líder dos socialistas galegos, aínda máis contrario aos intereses de Galicia que os que están provocando o problema desde o Goberno central”.

Síguenos nas redes sociais