Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Pedro Puy: “O Goberno amosa pouca sensibilidade autonomista e cos servizos sociais que prestan as comunidades autónomas”

26 Ago 2019

Santiago, 26 de agosto de 2019.- A voceiro popular Pedro Puy indicou hoxe en rolda de prensa que o Goberno do Estado amosa “pouca sensibilidade autonomista e sobre todo cos servizos de carácter social que prestan as comunidades autónomas cando non soluciona as entregas a conta e a liquidación do IVE, dos que 530 xa están incluídos nos Orzamentos da Xunta para 2019”

 

Para Pedro Puy esto “é un problema grave e  inédito que está xerando problemas de tesourería e que non só afecta a Galicia”. “Estamos a falar, indica o voceiro popular, de entorno a 4700 millóns de euros das entregas a conta a todas as CCAA e 2800 millóns do IVE, que son cifras moi significativas e que permiten ao Goberno central quedarse con capacidade de gasto a curto prazo e mellorar o seu déficit pero amosan que non lles importan os servizos que están a prestar as CCAA nin as dificultades financeiras que lles está a provocar”.

 

O voceiro popular indicou que “asistimos con perplexidade a actuación do PSdeG xa que mentres os socialistas doutras comunidades reclaman unha solución ao problema aquí se absteñen, póñense de perfil ante algo que ten fácil solución, como é un decreto lei”. “Esto amosa unha actitude de seguidismo total da estratexia do señor Sánchez, que leva aos socialistas galegos a estar en contra dos intereses de Galicia e da súa sanidade, educación ou política social”.

 

Pedro Puy criticou o feito de que critiquen as políticas sociais do Goberno galego e “non voten a favor de aproveitar o superávit co que implica inversións de 14 millóns de euros en centros de benestar social e 22 millóns de euros en centros educativos” como está levando a cabo a Xunta.

Síguenos nas redes sociais