Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular pon en valor as actuacións en 22 centros educativos este verán con cargo ao superávit autonómico

22 Ago 2019

Santiago, 21 de agosto de 2019.- O vicevoceiro do Grupo Popular Miguel Tellado fixo hoxe en rolda de prensa unha posta en valor das actuacións que está a acometer a consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en 22 centros de ensino das catro provincias galegas ao abeiro dos fondos de superávit, que recordou que a oposición non respaldou esta inversión no pleno do Parlamento, por importe total de 21,4 millóns de euros no eido educativo.

 

Para Miguel Tellado esta actuación amosa a capacidade de previsión da Administración autonómica que “en decembro de 2018 encargaba os proxectos, en maio deste ano os licitaba, en xuño os adxudicaba e en xullo comezaban as obras en todos eles para que as mais molestas poidan quedar finalizadas no período vacacional e non interfiran no período lectivo”.

 

O vicevoceiro popular relatou, deste xeito, as obras que se están levando a cabo en Carral, Santiago de Compostela, Arzúa, Ferrol, A coruña, Carballo, Lugo, A Fonsagrada, Cervo, Foz, Verín, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Ourense, Baiona, Cambados, Pontecesures, Cangas, Marín ou Vigo. Estas obras enmárcanse no Plan de dotación de infraestruturas educativas de Galicia, que vén de ampliar a súa vixencia nun ano para o período 2016-2021, que contén 116 actuacións en 72 concellos cun orzamento de 200 millóns de euros.

 

O vicevoceiro popular indicou que desde 2009 ata finais do 2018 a Xunta ten executado en materia de obras en centros de ensino un total de preto de 270 millóns de euros. Un total de 166 grandes obras licitadas, dende maio de 2009 a maio de 2019 “por un importe total de 150,2 millóns de euros, entre elas, 16 novos colexios ou institutos, 54 grandes ampliacións e 38 rehabilitacións enerxéticas” indicou.

 

Para Miguel Tellado estas cifras amosan “un Goberno serio, riguroso, que traballa con planificación e comprometido coa mellora dos servizos públicos, unha estabilidade política que ten resultados e unha  boa xestión económica que permite investir no importante, nas persoas, que é o que levamos facendo ó longo destes dez últimos anos”

Síguenos nas redes sociais