Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular urxe a Fomento a licitación das obras do Enlace Orbital para a súa posta en servizo no 2021

19 Ago 2019

Santiago, 19 de agosto de 2019.- O Grupo Popular vén de presentar no Parlamento de Galicia unha iniciativa encamiñada a que o Ministerio de Fomento axilice a licitación das obras do Enlace Orbital de Santiago de Compostela, co obxectivo de que estea totalmente operativo no 2021.

 

Os populares consideran necesaria máis dilixencia por parte do Goberno español para impulsar o que “é unha infraestrutura fundamental para desconxestionar os tráficos da zona norte de Santiago e reforzar a competitividade dos parques empresariais da cidade”, tendo en conta, tal e como apuntou Paula Prado, que a capital de Galicia acollerá en dous anos a celebración do Xacobeo 2021.

 

A viceportavoz do Grupo Popular recordou que o pasado 12 de abril, días antes dos comicios xerais, o Consello de Ministros autorizaba ao Ministerio de Fomento a licitar o contrato de obras do enlace Orbital, entre a AP-9 coa A-54 (enlace de San Marcos) e o aeroporto de Lavacolla, por un valor estimado de 20,7 millóns de euros. Así, pasados xa máis de dous meses desde esta autorización, o Grupo Popular solicita información sobre o inicio da contratación dos traballos e incide en que é preciso que o Ministerio de Fomento escoite dunha vez as demandas reiteradas do Goberno galego para o impulso desta vía, longamente reclamada tamén polo tecido empresarial da capital de Galicia e por distintas institucións e colectivos.

 

UNHA INFRAESTRUTURA CLAVE


O Enlace Orbital está incluído na planificación do Ministerio de Fomento co obxectivo de conectar tráficos de longa distancia entre distintas vías de titularidade do Estado no contorno da cidade de Santiago. Tal e como explican os populares, trátase dunha infraestrutura clave para conectar o tráfico da AP-9 que vén do norte e do sur de Galicia coa autovía A-54 Santiago-Lugo, o aeroporto e os polígonos empresariais. “Polo tanto, unha infraestrutura estratéxica para Santiago ao completar a conexión entre a rede de vías de altas prestacións da cidade e os polígonos empresariais”, sostivo Paula Prado.

 

Esta infraestrutura, a pesar de que aparecía recollida nos Orzamentos Xerais do Estado para 2018 -elaborados polo Executivo de Mariano Rajoy- cunha partida que ascendía aos 8 millóns de euros, foi retirada “de forma sorprendente” do Proxecto de Orzamentos de Pedro Sánchez.

Síguenos nas redes sociais