Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular rexistra a proposta de María Dolores Fernández Galiño como nova Valedora do Pobo

24 Xul 2019

Santiago, 24 de xullo de 2019.- O Grupo Popular vén de rexistrar, logo de manter contactos cos portavoces dos grupos da oposición e constatar que conta con apoios suficientes no Pleno do Parlamento para o seu nomeamento, a proposta de María Dolores Fernández Galiño para ocupar o posto de Valedora do Pobo.

Así mesmo, o Grupo Popular rexistrou a solicitude de celebración dunha sesión da Comisión de Peticións e dun Pleno Extraordinario, no que se abordaría o nomeamento da nova Valedora do Pobo e se debatería a aprobación definitiva do proxecto de Lei de Patrimonio Natural de Galicia.

 

CURRÍCULUM

María Dolores Fernández Galiño é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomada en Práctica Xurídica pola mesma universidade. Logo de superar as oposicións de ingreso na Carreira Xudicial e na Carreira Fiscal, estivo destinada no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas. Posteriormente, Fernández Galiño ascendeu á categoría de maxistrada, exercendo no Xulgado do Social número 2 de Pontevedra e, na actualidade, na sección 2ª da Audiencia Provincial de A Coruña.

 

Ademais do nomeamento da nova Valedora do Pobo, a sesión plenaria incluiría o debate para a súa aprobación do proxecto de Lei de Patrimonio Natural de Galicia que dotará a Galicia dun novo marco normativo máis moderno e adaptado aos problemas aos que se enfronta na actualidade o patrimonio natural, logo de 18 anos de aplicación da Lei de Conservación da Natureza.

Síguenos nas redes sociais