Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Pedro Puy avanza que a futura lei sobre mobilidade de terras agrarias facilitará a posta en produción de terreos abandonados

22 Xul 2019

Santiago, 22 de xullo de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou hoxe, na visita que os deputados populares están a realizar a Ribadavia, que a futura lexislación sobre mobilidade de terras agrarias beneficiará directamente á comarca do Ribeiro xa que facilitará poñer en produción terreo abandonado desta denominación de orixe.

Os deputados do Grupo Popular realizan no día de hoxe unha visita ao concello de Ribadavia, convidados polo seu alcalde e ex deputado do Grupo Popular, César Fernández Gil. A estadía comezou cunha reunión de traballo no Centro Comarcal de Ribadavia, á que seguiu un percorrido polo casco histórico deste concello e rematou, pola tarde, cunha visita ao recién inaugurado Museo do Viño.

 

CAPITAL VITIVINÍCOLA

Respecto deste centro cultural, Puy destacou que a súa apertura “converte a Ribadavia na capital vitivinícola de Galicia”, logo dun investimento realizado pola Xunta de máis de dous millóns de euros entre os traballos de rehabilitación e musealización do mesmo.

 

O portavoz popular avanzou, ademais, que a futura lei de mobilidade de terras facilitará a posta en produción de terro abandonado, “beneficiando moi directamente á denominación de orixe Ribeiro, xa que existe unha gran cantidade de terreo sen producir e permitiría un incremento importante da produción de uva sen ampliar os límites actuais da denominación de orixe”.

 

Así mesmo, Puy manifestou que esta nova lexislación dará prioridade no acceso a estas terras aos mozos e mozas galegos que queiran profesionalizarse, ao tempo que facilitará a creación de fincas de tamaño suficiente para obter unha rendibilidade axeitada e fomentará acordos dos viticultores con adegas da denominación de orixe para vender a uva a prezos que garantan a rendibilidade das explotacións.

Síguenos nas redes sociais