Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular pide que se prohiba a publicidade do xogo on line e presencial na TVG e na Radio Galega

15 Xul 2019

Santiago, 13 de xullo de 2019.- O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a prohibir totalmente a publicidade do xogo on line e do xogo presencial de competencia autonómica dos establecementos de xogo da Comunidade galega na radio e a televisión pública de Galicia, independentemente do horario ou a concreta programación de que se trate.

 

A viceportavoz popular, Paula Prado, lembra que “o programa electoral co que o PPdeG se presentou ás eleccións autonómicas de 2016 recollía o compromiso de elaborar unha nova Lei do xogo de Galicia, un compromiso que o Goberno galego está cumprindo xa que na actualidade a lei vixente está en proceso de actualización e reforma, e xa está aprobado en Consello da Xunta un anteproxecto de lei reguladora dos xogos de Galicia”. Neste sentido, salientou que este novo texto legal “estase a elaborar con consenso, contactos e reunións cos distintos sectores afectados para coñecer as súas demandas e intereses”.

 

ELIMINAR A INCITACIÓN AO XOGO

 

Ademais de abordar os novos formatos emerxentes no ámbito do xogo, a nova lei permitirá regular a publicidade no eido competencial da Comunidade galega, coa intención de protexer aos menores e sensibilizar á mocidade, eliminando calquera posibilidade de uso de técnicas de incitación ao xogo en relación cos sectores da poboación máis vulnerables.

 

“Máis en concreto, preténdese regular a publicidade establecendo restricións á súa recepción por parte dos menores, proporcionando unha axeitada percepción do xogo como actividade complexa e de risco potencial para os consumidores, prever a xeración de condutas de xogo irreflexivo ou compulsivo, e garantir que a información que se traslada é veraz e suficiente para formarse unha idea certa e non distorsionada do que implica o xogo”, explicou Paula Prado.    

 

Así mesmo, a viceportavoz popular demandou “unha atención preferente á publicidade sobre o xogo e apostas on line, xa que faise en calquera canal e a calquera hora, especialmente antes, durante e despois dos eventos deportivos”.

Síguenos nas redes sociais