Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG afirma que a nova lei de administración dixital “consegue unha relación cos galegos máis eficaz, transparente e de maior calidade”

28 Xun 2019

Santiago, 28 de xuño de 2019.- A portavoz de Novas Tecnoloxías do Grupo Popular, Sandra Vázquez, afirmou hoxe no Parlamento que a nova lei de administración dixital de Galicia, cuxo ditame foi aprobado hoxe en Comisión e queda pendente do seu debate definitivo en Pleno, “consegue unha relación con todos os galegos máis eficaz, eficiente, transparente e de maior calidade”.

 

Sandra Vázquez indicou que este proxecto de lei “era a peza que faltaba para conseguir a reforma integral da administración pública galega, poñéndoa máis en contacto directo e próximo con todos os galegos”.

 

Na súa intervención, a portavoz popular lembrou que este proxecto de lei “conta coa participación dos diferentes departamentos da Xunta de Galicia e, o que é máis importante, co voto favorable de todas as organizacións sindicais”.

 

NOVE PRINCIPIOS BÁSICOS

 

“Este proxecto de lei  pivota sobre nove principios básicos: calidade, transparencia e boa administración; principio de igualdade e non discriminación; optimización de recursos; seguridade da información; autenticidade e confidencialidade; garantía dos dereitos dixitais; maior eficacia e eficiencia; garantir o uso da lingua galega; e a participación plena da cidadanía”.

 

Máis en concreto, Sandra Vázquez salientou que a nova lei “contempla na carpeta cidadá facilitar o acceso á cidadanía e ás empresas tanto información de carácter persoal, como a información de carácter administrativo ou de prestación de servizos, así como manter permanentemente actualizados e vixentes aqueles outros datos ou documentación que a persoa interesada poida achegar”.

 

“Queremos avanzar cara un novo modelo de relación da cidadanía coa administración pública, establecendo un marco regulatorio cos provedores tecnolóxicos que garanta a máxima transparencia e o desenvolvemento de boas prácticas na súa relación coa administración”, manifestou.

Síguenos nas redes sociais