Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular destaca que “esta é a lexislatura con máis servizos e máis beneficios para os galegos do rural”

27 Xun 2019

Santiago, 27 de xuño de 2019. A deputada popular Raquel Arias manifestou hoxe no Parlamento que “nunca antes existiron en Galicia tantos servizos no rural e nunca antes os veciños do rural tiveron tantas vantaxes e beneficios polo feito de vivir en zonas menos poboadas”.

 

Arias expuxo algunhas das múltiples accións postas en marcha polo Goberno de Núñez Feijóo para revitalizar estes concellos, entre elas o Plan de fixación de poboación no rural 2017-2020, que en dous anos favoreceu o asentamento de máis de 1.000 mozos nestes territorios e que a un ano do seu remate rexistra xa un grao de execución superior ao 100 por cento.

 

Do mesmo xeito, a deputada fixo mención ao programa Aprol Rural, para a contratación de persoas desempregadas nos concellos menos poboados, ou o Plan Estratéxico de xuventude 2019-2020 que acaba de anunciar a Xunta, dotado de 410 millóns de euros, que inclúe medidas para xerar oportunidades para a mocidade no rural e que reforza o programa Emprural.

 

Raquel Arias puxo especial énfase nos programas Emprega Muller e Emprega en femenino, e destacou que “son as mulleres as que están emprendendo no rural, as que inician o 54 por cento dos negocios”, do mesmo xeito que “as mulleres somos titulares do 52% das explotacións agrarias que están en mans de persoas físicas”.

 

IMPOSTOS CERO NO RURAL

 

Arias destacou tamén a política de impostos cero no rural á hora de adquirir un ben rústico ou ampliar unha explotación agraria, as rebaixas fiscais para a mocidade na compra de vivenda ou os recursos de conciliación creados especificamente para o rural, como as casas niño e as casas do maior, así como a futura mellora da Tarxeta Benvida, que será  máis ampla e ambiciosa para as familias que teñan fillos na contorna rural.

 

Sen esquecer o Plan de Transporte de Galicia, que garante o transporte público no rural a través do sistema baixo demanda e o autobús compartido; as medidas contempladas na reforma da Lei de Ordenación Farmacéutica para a cobertura total de farmacias no rural e a entrega de medicamentos a domicilio para os casos de necesidade; ou a extensión da Internet aos concellos menos poboados e de máis difícil acceso.

 

“Medidas que se verán complementadas e ampliadas coa futura aprobación da Lei de Apoio á Natalidade e Dinamización Demográfica que hoxe mesmo inicia a súa tramitación no Consello da Xunta”, remata Arias.

Síguenos nas redes sociais