Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento demanda que a Xunta elabore unha proposta alternativa e sustentable para o depósito de materiais procedentes do dragado do Lérez

26 Xun 2019


Santiago, 26 de xuño de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular en En Marea, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta á elaboración, conforme a normativa vixente e ás directrices existentes respecto deste tipo de actuacións, dunha proposta alternativa e sustentable para o depósito de materiais procedentes do dragado do río Lérez, de tal forma que se garante que estes non afectarán a ningunha das rías galegas, en especial á ría de Arousa.

 

O deputado popular Jacobo Moreira explicou que “a Xunta ten o compromiso de levar a cabo o dragado da área da ría de Pontevedra e o estuario do río Lérez, un proxecto no que se prevé a extracción duns 330.000 metros cúbicos de materiais, principalmente de area e áridos finos”. En concreto, apuntou que “109.000 metros cúbicos serán empregados para rexenerar o banco marisqueiro de Campelo, o que demostra que non se trata de material contaminante”.  

 

“Diante das numerosas afirmacións inexactas realizadas sobre este proxecto, a verdade é que a dragaxe aínda non comezou porque nin sequera está aprobado o proxecto”, dixo o deputado popular. Por este motivo, demandou aos grupos da oposición que “non alarmen nin contribúan a alamar ao sector, porque non hai motivo algún”.

 

CON TODAS AS GARANTÍAS

 

Moreira asegurou que “a dragaxe se vai facer con todas as garantías ambientais e administrativas, e iso inclúe a elaboración dunha proposta alternativa e sustentable para o depósito dos materiais procedentes desta actuación”.

 

Así mesmo, engadiu que “neste momento Portos de Galicia non ten autorizado ningún vertido porque non ten competencia para facer tal cousa, xa que a correspondente autorización de depósito no mar ten que ser validade finalmente pola Administración marítima, previo informe favorable da autoridade competente en materia de costas”.

Síguenos nas redes sociais