Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento galego apoia a proposición de lei do Grupo Popular no Congreso contra a ocupación ilegal e para a convivencia veciñal

26 Xun 2019

Santiago, 26 de xuño de 2019.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra de En Marea e BNG, e a abstención do PSOE, a través da que manifesta o seu firme apoio á proposición de lei Orgánica contra a ocupación ilegal e para a convivencia veciñal e a protección da seguridade das persoas e cousas nas comunidades de propietarios, rexistrada no Congreso dos Deputados polo Grupo Popular.

 

“Combater o alarmante e crecente problema da ocupación de vivendas, loitar contra as mafias e a delincuencia asociada á mesma e garantir así a propiedade privada, a convivencia e a seguridade son os motivos principais que impulsan esta iniciativa normativa”, concretou a viceportavoz popular, Paula Prado.

 

Na súa intervención, a viceportavoz popular explicou que esta proposición de lei establece, entre outras medidas, que o ocupante ilegal non gozará da protección de morada ou domicilio; que a Policía poda desaloxar a vivenda ocupada ilegalmente nun prazo exprés de 12 horas; reforza o delito de usurpación, pasando dunha infracción leve que conleva multa a infracción grave e con pena de privación de liberdade de un a tres anos; e recolle que a ocupación ilegal non poderá dar lugar á inscrición dos ocupantes no padrón municipal.

 

“Falamos de protexer o dereito á vivenda, do dereito á propiedade privada e da función social que deriva de esta; falamos de seguridade; falamos de protexer a convivencia veciñal pacífica e respetuosa coa seguirdade das persoas e das cousas; falamos de non permitir actuacións prohibidas, nocivas ou insalubres atentando contra a convivencia dos veciños e veciñas dos inmobles okupados; falamos de acotar os espazos de impunidade á delincuencia organizada que se aproveita das persoas máis vulnerables; e falamos, en definitiva, de reforzar as medidas existentes actualmente no ordenamento xurídico, tanto a nivel civil, como penal como administrativo”, sinalou.

 

Ademais, Paula Prado engadiu que a proposición de lei define por primeira vez de forma clara a ocupación ilegal e impide que os okupas se tenten amparar en fendas legais ou en dereitos que asisten ao cidadán que actúa legalmente para cometer ese atentado contra a propiedade privada. “Para iso permítese que as autoridades públicas e os seus axentes interveñan dentro do espazo ocupado para proceder ao desaloxo nun prazo de 12 horas ou mesmo de xeito inmediato”, engadiu.

 

REFORZO DAS PENAS E AXILIZAR O PROCESO PENAL

 

O texto normativo impulsado polo Grupo Popular no Congreso tamén reforza as penas asociadas aos delitos de usurpación, que pasarían de multa a privación de liberdade dun a tres anos e contempla de maneira específica a figura das mafias de okupación; ao tempo que axiliza o proceso penal para xulgar este tipo de delincuencia e para iso modifica a Lei de Axuizamento Criminal e a lei do Xurado.

 

“Fronte á pasividade e mesmo permisividade dos mal chamados alcaldes do cambio, esta proposición de lei do PP evitaría situacións como a batalla campal que tivo lugar en Santiago en xuño de 2017, cando foi decretado por un xulgado un desaloxo na rúa da Algalia e resultaron feridos seis policías agredidos por un grupo de encapuchados, ante o que o alcalde de Compostela Aberta posicionouse no lado dos okupas e dos violentos criticando a actuación policial”, lamentou.

 

Prado manifestou que “estes concellos, lonxe de promover unha política efectiva de vivenda, dedicáronse a consentir unha usurpación da propiedade que non é xustificable en ningún caso, pois trátase dunha ilegalidade en contra do dereito constitucionalmente recoñecido da propiedade”.

Síguenos nas redes sociais