Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular propón ampliar os recursos de conciliación para os empregados públicos da Xunta

26 Xun 2019

Santiago, 26 de xuño de 2019.  A deputada do Grupo Popular Raquel Arias defendeu hoxe no Pleno que a Xunta elabore, coa participación das organizacións sindicais e unha vez aprobada a Lei de impulso demográfico, unha proposta para ampliar os servizos de conciliación para o persoal funcionario da Administración galega. Porén, lamentou profundamente “a negativa do PSOE para acadar consensos en materia de conciliación”, un aspecto “vital para as familias, para a igualdade, o fomento da natalidade e o reto demográfico”.

 

Raquel Arias indicou que sinalou que “a Xunta xa ampliou os recursos de conciliación para os funcionarios, non só con escolas infantís xa que a conciliación é moito máis”.

 

“O PSOE negouse a chegar a acordos e unha vez máis preferiu levar como compañeiro de viaxe ao BNG”, manifestou Arias, que emprazou aos grupos a “afrontar con máis amplitude de miras a aprobación da Lei de Apoio á Natalidade e Dinamización Demográfica”, que inicia esta semana a súa tramitación.

 

CONCILIACIÓN

 

A deputada fixo mención ás fórmulas implantadas nos últimos anos pola Xunta para favorecer a harmonización da vida laboral e persoal entre os seus empregados. Arias falou do teletraballo, que permite desenvolver parte da xornada laboral fóra das dependencias da Administración; ou a flexibilidade horaria, pola cal o empregado pode adaptar o horario laboral ás necesidades familiares ou persoais.

 

“Son medidas que teñen unha crecente acollida e das que se benefician na actualidade  máis de 11.600 empregados da Administración galega”, expuxo Arias. Do mesmo xeito, lembrou que o Goberno de Feijóo leva anos incrementando de forma progresiva os permisos por maternidade para traballadores da Xunta, pasando das 16 semanas no 2009 ás 22 na actualidade.

 

O DOBRE DE PRAZAS QUE HAI 10 ANOS

 

“Nunca antes na historia existiron en Galicia tantas posibilidades para conciliar, tanto para os traballadores públicos como para o conxunto dos galegos”, manifestou Arias, que tamén explicou algúns dos recursos dispoñibles para as familias en xeral. É o caso das 25.000 prazas en escolas infantís, o dobre das que existían hai 10 anos e que sitúan a Galicia nunha ratio de cobertura do 44 por cento, 11 puntos por riba do que recomenda a Unión Europea. Mencionou, ademais, outras axudas como o Bono Concilia, o Bono Coidado, ou as escolas infantís en polígonos industriais.

 

Arias lembrou que o obxectivo da Xunta é que, “vivamos onde vivamos e traballemos onde traballemos, as familias dispoñan sempre de recursos de conciliación”. Neste sentido, lembrou a posta en marcha de 61 casas-niño, as escolas infantís pensadas para o rural, de balde para os pais e nais.

Síguenos nas redes sociais