Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento traslada ao Goberno central e á Comisión Europea o quebranto que suporá para a frota galega a inclusión do marraxo como especie protexida

18 Xun 2019

Santiago, 18 de xuño de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a poñer en coñecemento do Goberno central e da Comisión Europea o quebranto que supón para a frota galega o feito de que se inclúa ao marraxo entre as novas especies coas que se busca reforzar a protección e conservación de especies migratorias.

 

O deputado do Grupo Popular, Alberto Pazos, lembrou que o marraxo “constitúe una especie de grande importancia para a frota palangreira galega, xa que supón o 10 por cento das súas capturas anuais”. Máis en concreto, apuntou que as descargas na lonxas galegas superan os 52.000 quilogramos anuais, co que as vendas achéganse aos 10 millóns de euros ao ano.

 

PROPOSTA DE MÉXICO

Porén, Pazos indicou que México ten proposto a inclusión do marraxo como especie protexida pola Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres, petición á que sumaron 25 países e a propia Comisión Europea. “España foi o único estado europeo en votar en contra da inclusión do marraxo nesta listaxe con especial protección, xa que defende a situación vixente con este escualo, que xa figura no Apéndice II do Convenio da Convencións sobre Especies Migratorias”, explicou.

 

“Lamentamos que se teña materializado este apoio por parte de Bruxelas sen ter consultado ao sector, e sen tan sequera esperar ás recomendacións do panel de expertos da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e Agricultura”, manifestou. Ademais, subliñou que “o propio México decidiu retirar a súa petición tras ter coñecemento de que o Informe do Panel Asesor de Expertos da FAO é claro ao sinalar que non hai evidencias de que a especie cumpra cos criterios de inclusión como especie protexida”.

 

Alberto Pazos manifestou que a implantación desta medidas co marraxo “suporá máis trabas á supervivencia da frota de palangre, anteriormente afectada pola normativa que prohibe cortar as aletas de tiburón a bordo de buques pesqueiros”.

Síguenos nas redes sociais