Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG salienta que “Galicia está atravesando un dos mellores ciclos exportadores dos últimos tempos”

14 Xun 2019

Santiago, 14 de xuño de 2019.- A deputada do Grupo Popular Lupe Murillo salientou hoxe no Parlamento que “Galicia está atravesando un dos mellores ciclos exportadores dos últimos tempos, momento no que o peso das exportacións no PIB da Comunidade galega é do 36,35 por cento, mentres que na media do Estado a porcentaxe cae ata o 23,59 por cento”.

 

“Deste éxito ten moita culpa a Administración galega, logo de que a Xunta, xunto con emprendedores, empresarios e autónomos galegos, souberon reinventarse para non morrer en momentos de crise e contracción do mercado nacional”, manifestou Lupe Murillo.

 

Así mesmo, sinalou que a Xunta de Galicia e o PPdeG “non son dubidosos do seu apoio ás empresas e aos emprendedores e autónomos, porque asumimos que cando se apoia á empresa tamén se apoia a creación de emprego e aos traballadores para que sexan máis e mellores”.

 

MEDIDAS DE APOIO

 

A deputada popular fixo un repaso polas distintas medidas postas en marcha pola Xunta para o fomento das exportacións, salientando a Estratexia de internacionalización da empresa galega 2020. “Sabendo da importancia que esta expansión exterior ten para mellorar a competitividade e potenciar o crecemento económico do noso tecido empresarial, a Xunta establece o apoio para a internacionalización como un dos eixos prioritarios da súa actuación en materia de promoción económica a través dun amplo abano de servizos e axudas orientadas ás pemes e aos emprendedores”, indicou.

 

En concreto, lembrou que as pemes galegas teñen á súa disposición as seguintes liñas de apoio: o programa Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios, o plan Foexga e os programas xestores de exportación. “Estas liñas de axudas contribúen a reparar o importante descoñecemento que as pemes teñen sobre os mercados exteriores, especialmente aqueles non tradicionais e non pertencentes á Unión Europea”, apuntou Lupe Murillo.

Síguenos nas redes sociais