Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG salienta que o novo concurso de transporte sanitario urxente dotará a Galicia de 16 ambulancias de soporte vital avanzado e 107 de soporte básico

29 Mai 2019

Santiago, 29 de maio de 2019.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo salientou hoxe que o novo concurso de transporte sanitario urxente dotará a Galicia de 16 ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado, 107 ambulancias asistenciais de soporte vital básico e dúas ambulancias non asistenciais convencionais.

 

 

“A adxudicación dos contratos realizarase utilizando unha pluralidade de criterios en base á mellor relación calidade-prezo, que se avalía atendendo tanto a criterios económicos como cualitativos”, apuntou.

 

Encarna Amigo defendeu o novo concurso de transporte sanitario urxente terrestre da Xunta de Galicia, cuxa dotación de recursos “responde aos resultados dos estudos que a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 realiza periodicamente e as recomendacións e estudos científicos que avalan a calidade asistencial en calquera tipo de patoloxía urxente interhospitalaria e extrahospitalaria”.

 

VEHÍCULOS NOVOS

 

Ademais, apuntou que neste concurso “a oferta económica ten un peso do 40 por cento fronte ao 60 por cento que supoñen as melloras na prestación do servizo”, ao tempo que destacou que “todas as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado e de soporte vital básico terán que ser vehículos de nova matriculación”.

 

A deputada popular asegurou que o novo concurso “permitirá aumentar a oferta asistencial do 061” e explicou que “as novas ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado con enfermería e un medico especialista en urxencia e emerxencias, avaladas polos resultados obtidos noutras comunidades autónomas, teñen máis capacidade resolutiva que as ambulancias asistenciais de soporte vital básico, xa que incorporan persoal de enfermería capacitado e habilitado para, de xeito independente en situacións de urxencias, emerxencias, crises ou catástrofes, levar a cabo as medidas ou accións inmediatas para salvar vidas”.

Síguenos nas redes sociais