Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento galego pide que se estude a regulación das funcións dos técnicos en coidados auxiliares de enfermería

29 Mai 2019

Santiago, 29 de maio de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e En Marea, unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central que solicite ao Consello Interterritorial de Saúde o estudo dunha posible regulación das funcións dos e das técnicos en coidados auxiliares de enfermería para adaptar a normativa existente respecto ao marco normativo de titulacións vixente na actualidade, dentro do principio de lealdade institucional, coa garantía do seu financiamento.

 

Encarna Amigo lembrou que a normativa referida ás funcións dos técnicos en coidados auxiliares de enfermería “é unha competencia do Estado, coa necesidade da realización da correspondente dotación orzamentaria e debendo ser obxecto de negociación na Mesa Xeral de Empregados Públicos que se constitúe no Ministerio de Administración Pública”.

 

“Nós coñecemos o colectivo, sabemos das súas inquedanzas e estamos totalmente de acordo con todo o que reivindican, porque se trata dun colectivo que é piar básico e fundamental nos coidados dos nosos doentes”, salientou.

Síguenos nas redes sociais