Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular salienta que a Xunta leva investidos nesta lexislatura máis de 355 millóns de euros na loita contra o declive demográfico

29 Mai 2019


Santiago, 28 de maio de 2019.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos salientou hoxe no Parlamento que a Xunta “leva investidos nesta lexislatura máis de 355 millóns de euros na loita contra o declive demográfico”.“Para o PPdeG e para o Goberno galego o problema demográfico de Galicia é algo máis que unha prioridade, é a prioridade”, sinalou.

 

 

Alberto Pazos fixo referencia a distintas medidas adoptadas polo Goberno galego para o fomento da natalidade e facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, como o Bono Coidado, as axudas específicas para a conciliación de traballadores autónomos, a Tarxeta Benvida, o Bono Concilia, as Casas-Niño ou o anteproxecto de Lei de impulso demográfico de Galicia, que xa pasou o primeiro trámite de consulta pública.

 

INICIATIVAS XA APROBADAS E EN DESENVOLVEMENTO

 

No debate dunha proposición non de lei do Grupo Socialista sobre a aplicación de fondos para reverter a situación de regresión demográfica de Galicia, o deputado popular lembrou que “en maio do pasado ano xa aprobamos unha proposición non de lei neste Parlamento co mesmo contido que a debatida hoxe, logo dunha emenda presentada polo Grupo Popular a unha iniciativa socialista, a través da que se instaba á Xunta a considerar, de cara ao período post 2020, unha proposta de aplicación de fondos na estratexia de investimento territorial integrado”.

 

“Nin mudaron os compromisos, nin mudaron as circunstancias, pero parece ser que a falta de ideas dos socialistas galegos lles leva a volver a presentar iniciativas xa debatidas neste Parlamento sobre as que xa existen acordos unánimes que se están desenvolvendo en tempo e forma”, sinalou.

 

Así, Alberto Pazos concretou que “o marco pos 2020 está en proceso de elaboración e negociación, o primeiro borrador do regulamento presentouse o 29 de maio, o novo Parlamento europeo aínda non foi constituído e a nova Comisión Europea constituirase en novembro”.

 

Síguenos nas redes sociais