Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular asegura que a Lei de rehabilitación “é unha oportunidade para recuperar os cascos históricos”

28 Mai 2019

Santiago, 28 de maio de 2019.- A deputada do Grupo Popular María Antón asegurou hoxe no Pleno do Parlamento que a Lei de rehabilitación “é unha oportunidade para recuperar os nosos cascos históricos” e demandou á oposición que “non enreden con argumentos falaces e mensaxes catastrofistas porque esta norma nin crea inseguridade xurídica nin contradí outras leis, nomeadamente a de patrimonio cultural”.

 

 

María Antón explicou que esta norma “entende a rehabilitación dun xeito integral ao determinar instrumentos, mecanismos de coordinación entre administración e particulares, e medidas socioeconómicas e culturais para conservar o patrimonio construído e devolverlle a súa funcionalidade”.

 

A OPOSICIÓN PARTE DE PREMISAS FALSAS

 

“A desprotección está no abandono, na farragosa e lenta tramitación administrativa, e na perda de recursos económicos, como aconteceu coas axudas do Plan de Vivenda para o ARI do casco  histórico de Santiago grazas ao nefasto goberno de Compostela Aberta”, apuntou.

 

A deputada popular acusou á oposición de “partir de premisas falsas para chegar a conclusións erróneas, e froito dese erro é a moción que hoxe traen a este Parlamento”. “Os obxectivos da Lei de rehabilitación son conservar o rico patrimonio edificado, manter os seus usos característicos e a súa poboación tradicional, e conseguir atraer ás novas xeracións para que poidan asentarse nos espazos renovados”, apuntou.

Síguenos nas redes sociais