Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Feijóo pide o voto a todos os vigueses que apoiaron á Xunta en 2016 e que son insultados desde o Concello

24 Mai 2019

24, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu hoxe o voto a todos os vigueses que apoiaron á Xunta en 2016 e que foron insultados durante estes anos desde o Concello. “Aos que lles dixeron que non son Vigo e que son antivigueses, non vos quededes na casa; non vos deixedes insultar. Queren que vos amedrentedes, que non existades”, dixo, insistindo en que non o permitan.

 

Durante a súa intervención nun mitin en Vigo, acompañado pola candidata á Alcaldía, Elena Muñoz, Feijóo pediu o voto para todos os vigueses menosprezados por quen di que Vigo é el e so el, “e aos que se atemoriza con retirar subvencións, investimentos e servizos desde o réxime da prepotencia”.

 

“Pido o voto contra a mentira, a soberbia e a neglixencia e a favor da humildade, a xestión e a resolución. Pido o voto para o servizo aos vigueses e non para o servizo a un mesmo a través dos vigueses. Para que Vigo aproveite todas as súas oportunidades, centrados no importante”, aseverou, subliñando que con Elena Muñoz, este domingo, os vigueses dirán nas urnas que Vigo é máis, “moito máis”.  

 

MÁIS HUMILDADE, MENOS VAIDADE E MÁIS SERVIZO PÚBLICO

Ao longo do acto, Feijóo incidiu en que Vigo é moito máis que un partido, que un candidato ou que un alcalde. “Vigo non é propiedade de ninguén máis que dos seus veciños. Vigo son os vigueses, todos: os que votaron ao actual alcalde, os que votaron á actual oposición; e os que nas autonómicas votaron como primeiro partido ao PP”, afirmou, pedindo a todos os que lle deron o voto maioritario en 2016 que non se deixen insultar máis, porque “Abel Caballero non é Vigo, é un servidor de si mesmo que so ten na boca a palabra Vigo para tapar as súas mentiras, as súas neglixencias e a súa xestión deficiente”.

 

O presidente dos populares galegos aseverou que, pola contra, Elena Muñoz é unha servidora dos vigueses que logrou que, detrás das luces, as mentiras, a neglixencia e o espectáculo, en Vigo se tratase do que afecta de verdade aos seus veciños e que se fale de emprego, de impostos, de transporte ou de servizos.

 

Feijóo demandou deste xeito máis humildade, menos vaidade e máis servizo público: “E Elena Muñoz é humildade e é servizo público. Porque servizo público é incluír a todos os cidadáns no exercicio do teu goberno e non discriminalos polo seu voto. É atender as demandas dos veciños e facer proxectos para que a cidade poida crecer. É o hospital público de Vigo –un dos mellores de España-. E é ser un veciño máis e non pensar que toda unha cidade e todos os seus veciños están a túa disposición”.

 

CENTRALIDADE E PROXECTOS PARA A MAIORÍA

No seu discurso, Feijóo tamén salientou que para que nos gobernos dos concellos haxa estabilidade, centralidade e proxectos para a maioría hai que unir o voto nos candidatos do PPdeG, os únicos que só teñen como obxectivo servir aos seus veciños e traballar polo progreso e o benestar dos municipios galegos.

 

No mesmo sentido, pediu un voto “para cambiar o que non funcionou”, insistindo en que o Partido Popular é a única formación capaz de ofrecer un goberno que goberne para todos.

Síguenos nas redes sociais