Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Feijóo di que Ramón Carballo é o cambio que precisa Lugo, ante o proxecto caducado de socialistas e nacionalistas

24 Mai 2019

24, maio, 2019. “Ramón Carballo é o candidato que lle gustaría ter a todos os partidos que se presentan a estas Eleccións Municipais na cidade de Lugo”, sinalou o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, quen incidiu que o PP é a garantía do cambio que precisa a cidade.

Neste punto, dixo que o próximo domingo haberá moitas papeletas electorais, pero só dúas posibilidades: ou un goberno dividido entre socialistas, nacionalistas e populistas ou un goberno unido, cun programa concreto e un candidato magnífico. Neste senso, o líder do PPdeG avogou porque, tras 20 anos de PSOE e BNG, se abra un período novo da man do candidato popular: “Despois de vinte anos, todo o que o nacionalismo e o socialismo poidan ofrecer está caducado”.  

 

E é que, tal e como apuntou, ou se escolle aos mesmos partidos -PSOE, Mareas e BNG- que levaron a Lugo a unha situación de parálise ou se escolle a unha persoa como Ramón Carballo, con capacidade para poñer en marcha o concello. Feijóo salientou que a cidade necesite dun alcalde que traballe e que non entorpeza a labor doutras administracións. Así, recalcou que todos os compromisos asumidos polo Goberno galego foron cumpridos, e referiuse aos investimentos no hospital, nos polígonos industriais e nos centros educativos, así como tamén, ao desbloqueo do gran centro sanitario que se vai construír no Barrio da Residencia. “Necesitamos un concello que acompañe á Xunta e desbloquee os temas importantes para a cidade”, subliñou.

 

Por último, Feijóo agradeceu a presencia de Mariano Rajoy, de quen destacou a súa militancia e a súa defensa do partido.

Síguenos nas redes sociais