Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Feijóo: “O próximo domingo, ou votamos ao mellor alcalde das cidades galegas ou votamos á peor oposición”

22 Mai 2019

22, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu a todos os que queren a Ourense que voten a Jesús Vázquez, xa que os socialistas cambiaron de candidato para apoiar a Jácome: “O próximo domingo, ou votamos ao mellor alcalde das cidades galegas ou votamos á peor oposición”.

Tal e como indicou, durante estes catro anos, os demais partidos non fixeron oposición ao alcalde, senón á cidade. Por iso, pediu o apoio para o PPdeG e para o seu candidato, para evitar así que a historia se repita. “Jesús Vázquez non é só o candidato do PP, é o de todos os ourensáns que queren a Ourense”, salientou Feijóo, quen subliñou que, durante este mandato, a urbe avanzou, a pesar dos atrancos de quen fixo todo o posible para que quedara atrancada.

 

O líder do PPdeG dixo que estas eleccións van máis aló de partidos, porque do que se trata é de elixir entre dividir a cidade ou unila; entre a peor das políticas ou a política con nobreza; entre os que miran para si e os que miran para Ourense; os que boicotean o municipio e os que dan todo polos seus veciños; entre as peores formas ou a disposición plena para os ourensáns; e entre parar ou seguir avanzando. “Elíxese entre o pacto de Jácome co resto de partidos ou o pacto de Jesús Vázquez cos ourensáns”, recalcou.

 

UNHA OPORTUNIDADE PARA SEGUIR AVANZANDO

Por todo isto, Feijóo sinalou que o 26 de maio é unha oportunidade para Ourense, para quitar de en medio os obstáculos e para seguir avanzando con maior intensidade. Ademais, incidiu en que a única forma de acadalo é cun apoio masivo ao candidato popular.

 

Así, asegurou que non hai un só ourensán que se imaxine a Jesús Vázquez coa actitude que tivo Democracia Ourensana, o PSOE, as Mareas, o BNG e Ciudadanos por desestabilizar a cidade. Tal e como remarcou, o candidato do PP sempre actúa con nobreza e lealdade e como un bo ourensán que quere o mellor para a súa cidade e os que viven nela.

 

Nese senso, o presidente recoñeceu sentirse “plenamente orgulloso” de Jesús Vázquez por ser todo disposición e por poder confiar nel, porque sempre actúa buscando o entendemento, por ser perseverante ante calquera dificultade e porque demostra que para el, por riba de calquera outra cousa, está Ourense.

 

Ante os que nestes catro anos actuaron en contra da cidade e só miraron para os seus intereses persoais, Feijóo destacou que Vázquez estivo do lado de Ourense: actuando ao seu favor e mirando sempre polos intereses dos veciños e da cidade. Igualmente, puxo en valor, a pesar do boicot da oposición, o moito que se ten feito durante este mandato e que de ter unha oposición responsable poderíase ter feito moito máis.

 

SÓ UNHA PAPELETA CO LOGO DA UNIDADE

O líder dos populares galegos tamén manifestou que o próximo domingo haberá moitas papeletas nos colexios electorais, pero só dúas opcións de goberno: ou a división, a dispersión de forzas e un conxunto de socios ou unha maioría ampla de veciños representados polo Partido Popular.

 

Tal e como admitiu, esta última opción só se logra votando ao PP: “Hai moitas papeletas, pero só unha co logo da unidade, que é a do Partido Popular”. Por iso, aseverou que calquera alternativa ao PP pasa pola división, a imposición, o extremismo e o nacionalismo. Do mesmo xeito, precisou que os candidatos do PPdeG non son nin recentemente chegados nin tampouco oportunistas.

Síguenos nas redes sociais